ACONCAGUA 2008
Este é o relato dos acontecementos da expedición ó Aconcagua realizada en Xaneiro de 2008, na que participou un dos nosos socios e compañeiros, Fernando González León, e que a día de hoxe constitúe o record de altura alcanzado por algún
membro deste club.
Esta é a ruta de ascensión que seguiron:
E este é o noso socio, Fernando González León, que participou na expedición e
que sustenta o record de altitude do club

09 Xaneiro
Despedida no concello de Culleredo coa presenza dos medios
de comunicación, onde se lles fixo entrega dunha bandeira do club para levar
ó cume. Despois partiron en coche hacia Madrid, onde a medianoite collerán
un vó que os levará a Santiago de Chile.
10 Xaneiro
Primeiras noticias recibidas dende Arxentina mediante mensaxe SMS recibida ás 12 da noite (hora española) que vos transmitimos literalmente: "DESPUES DE 6 HORAS DE COCHE, 14 DE AVION Y 9 DE AUTOBÚS ESTAMOS LLEGANDO A MENDOZA".
11 Xaneiro
Segundo nos relata Fernando parece que en Mendoza están con pantalón curto a 32º e suando a pinga gorda. Xa teñen o permiso para a ascensión e van aproveitar o día
para mercar o material que necesitan e alugar as mulas.
Ata o martes non voltaremos a ter noticias deles xa que lles levará tres días chegar ó campo
base.
Atopáronse con outras expedicións e están moi ilusionados.
14 Xaneiro
Superado o primeiro fito importante da aventura xa que alcanzaron o campo base
de Plaza de Mulas situado a 4260m de altitude, así que todo segue segundo o previsto.
17 Xaneiro
Atópanse todos ben e moi contentos xa que mañá iniciarán a ascensión ata o seguinte
campamento.
Están moi controlados en todo momento xa que o equipo de rescate sube tódolos días
e todo funciona moi ben.
19 Xaneiro
Fernando escríbenos desde o campo base e dinos que onte puxo o pé en Nido de Cóndores a 5600m. Asegura que é unha dura proba e que lle está a costar bastante esforzo pero o médico dille que pode continuar e, como todos sabemos, tratará de poñer o pavillón o máis
alto posible.
21 Xaneiro
Hoxe están a montar o penúltimo campamento e pasarán alí a noite. Mañá xornada de descanso para montar o derradeiro campamento o mércores
e tratar de alcanzar a cima o xoves.
27 Xaneiro
Despois de case unha semana sen ter noticias dos nosos compañeiros, hoxe sabemos que se atopan ben e que están en Mendoza cansados pero sans e salvos, que é o máis
importante.
28 Xaneiro
Rematada a aventura recibimos noticias de Fernando que vos facemos chegar:
Bueno amigos, os escribo desde Buenos Aires, terminando
mi aventura. No hice cumbre, el último día del ataque decidí no ir. El cuerpo estaba ya deteriorado pero más mi cabeza después de tantos dias soportando el mal de altura. Decidí que la cumbre estaba en Coruña con mi familia y todos vosotros y no arriesgando mi propia vida, como algunas noticias que nos estaban llegando de algún que otro montañero que acaban de perder la vida. Esa mañana salí de la tienda y subí desde Nido de Cóndores hasta pasado el Campamento Berlín y cuando el GPS marcó los 6001 m. marqué un "Carroucho WP", hice un Carroucho hito, me senté y me tomé un poco de té, que llevaba en el termo, y por primera vez contemplé sentado lo bonita que era la montaña. Después bajé al Campamento Berlín y me hice una foto con la bandera del Carroucho que ya os enviaré.
Espero veros a todos pronto para contaros mi experiencia y gracias por vuestro
apoyo.
Desde aquí dámoslle as gracias a Fernando polas súas sensatas palabras, e a noraboa a todos pola súa fazaña.
3 Febreiro
Logo da súa aventura xa se atopan de volta en Coruña, sans e salvos que era o
máis importante. Así que desde aquí dámoslles a máis calurosa benvida e a nosa
noraboa. Fernando fíxonos chegar dúas fotos que sacou no campamento base Berlín
coa bandeira do club.
