Club de Montaña “O Carroucho”

« Voltar

El Tiempo en España en As Pontes de García...

Fragas de Ribeira e Lostegal (As Pontes)


Podes consultar o tríptico da ruta.
Necesitas ter instalado o Adobe Reader®.
(437 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Fragas do Eume - Concello de As Pontes
DATA DA ACTIVIDADE: 23 de xaneiro de 2010
PREPARADA POR: Antonio, Edu, Blas e Rakel
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves 21 de xaneiro, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo autoestrada AP-9 ata Pontedeume onde colleremos a AC-141 ata As Pontes e de alí ata o polideportivo no lugar da área recreativa de A Fraga.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENDA: Pistas, camiños e algo de asfalto (1 km.)
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6-7 horas
DISTANCIA LINEAL: 20 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e ambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar polainas, bastóns e roupa para a choiva. Non ir sin botas de sendeirismo porque pode haber sitios con auga acumulada.
BREVE DESCRICIÓN: Nesta ruta, que parte da área recreativa de A Fraga en As Pontes, para, a través do paseo fluvial alí existente, subir ata o encoro da Ribeira atravesando a presa para situarnos na marxe esquerda do río Eume, iremos bordeando o encoro a través de sendeiros pasando polo Regato do Inferno, Couce da Cabana (onde atoparemos un pobo asolagado polo encoro), Malvís, dúas pequenas trepadas con corda fixa que non representan ningún perigo, aínda que sí un pouco de divertimento na ruta, para chegar a Vilarbó onde se atopa un albergue xuvenil que utilizaremos para xantar.
Dende aquí comezaremos a subir a través da Fraga de Lostegal onde nos esperan carballos centenarios no medio dunha densa fraga, a través destes camiños que nos levan a Campo da Meda e ao punto máis alto da ruta, A Carballeira. Dende aquí faremos un descenso que nos devolverá á área recreativa de A Fraga, en As Pontes, onde na mesma zona podremos disfrutar dunha cervexa ou calquera outro refrixerio para celebrar a primeira ruta do ano 2010.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en As Pontes.
« Voltar