| TIPO DE SENDA: |
Pistas, camiños e algo de asfalto |
| DIFICULTADE: |
Baixa — Baixa-Media — Media —
Media-Alta — Alta |
| DURACIÓN: |
6 horas |
| DISTANCIA LINEAL: |
20 Km. |
| INTERESE DA RUTA: |
Paisaxística e cultural |
| RECOMENDACIÓNS: |
Levar botas e polainas e calzado de recambio. Pode haber bastante auga. |
| BREVE DESCRICIÓN: |
Unha pista de terra lévanos ata a aldea de Os Enxertados para coller altura
pouco a pouco ata o cordal da Serra do Forgoselo que seguiremos por unha pista de terra acompañados
polos muíños eólicos ata o Miradoiro de Castelo co seu vértice xeodésico, onde gozaremos de boas vistas.
Un camiño con forte descenso levaranos ata o Castelo de Naraío, cruzamos o Río Castro para seguir
o seu curso augas arriba. Dende Igrexafeita un pequeno tramo de estrada case sen tráfico lévanos a
A Leiriña. A partir de aquí por pistas e camiños chegamos á piscina municipal de Moeche. Dous
quilómetros e medio sepárannos do castelo. |
| OUTROS DATOS: |
Visita ao castelo de Moeche entrada 2€ (non incluída no prezo) |