| TIPO DE SENDA: |
Pistas, camiños e sendeiros |
| DIFICULTADE: |
Baixa — Baixa-Media — Media —
Media-Alta — Alta |
| DURACIÓN: |
5 horas |
| DISTANCIA LINEAL: |
19 Km. |
| INTERESE DA RUTA: |
Paisaxística |
| RECOMENDACIÓNS: |
Levar botas e calzado de recambio porque ultimamente vemos que non para de chover.
É tamén recomendable levar polainas dado que nalgúns sendeiros encontraremos algo de auga e lama tendo en conta
as abundantes chuvias caídas nas últimas semanas. Levar toalla, bañador e chancletas porque se imos con tempo
ao final da ruta visitaremos unhas termas en Ourense para gozar dun reparador baño nas súas quentes augas. |
| BREVE DESCRICIÓN: |
A vila de Allariz é coñecida por ter unha ruta de 50 km. das máis antigas de Galicia e
como homenaxe a ela faremos unha circular saíndo da mesma vila de Allariz que rodearemos pouco a pouco e poderemos
ir vendo desde distintos puntos e distintas alturas. A subida, ata chegar a uns 800 m. de altitude, é suave e fácil
de camiñar. Iremos atravesando as fragas que rodean a vila, sen ver rastro de piñeiros ou eucaliptos, só bosques
autóctonos nos que predominan as carballeiras e antigas vereas marcadas por antigos muros de pedra tapizados por
musgos de distintas tonalidades. Tamén atoparemos camiños ás veces asfaltados por pedras de posibles antigas
calzadas romanas.
Poderemos gozar de aire fresco, limpo e húmido durante todo o percorrido, acompañado só polo son do canto
dos paxaros e a música do vento entre as árbores. Despois de chegar ao alto a baixada nos levará por pequenos e
tranquilos pobos a distintas alturas nos que podemos ollar algunha construción autóctona galega. O último tramo
será descendendo polo costado oposto ata chegar á beira do río Arnoia que percorremos durante uns 5 km. gozando
das súas ben respectadas beiras e nas que predominan os ameneiros xurdindo incluso do mesmo centro do río. |
| OUTROS DATOS: |
Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Allariz. |