Club de Montaña “O Carroucho”

« Voltar

Castelo de Pambre (Palas de Rei)


Podes consultar o tríptico da ruta.
Necesitas ter instalado o Adobe Reader®.
(951 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Palas de Rei
DATA DA ACTIVIDADE: sábado, 05 de xuño de 2010
PREPARADA POR: Angel Martinez e Chichola
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte
DATA TOPE PARA APUNTARSE: xoves, 03 de xuño de 2010, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Colleremos a A-6 dirección Madrid ata a saída de Curtis, en dirección Melide. Pasamos Melide en dirección Agolada e apartamos á esquerda para Vilanova - Cabanela.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENDA: Camiños e sendeiros
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 22 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e cultural
RECOMENDACIÓNS: Levar cámara de fotos e a roupa habitual.
BREVE DESCRICIÓN: En Melide almorzaremos, e despois dun curto camiño en autobús comezamos na aldea de Cabanelas, por camiños ben marcados chegamos a Outeiro de Rei, onde por un muro dunha canal chegamos ao curso alto do Ulla para chegar ao balneario de Fradegas.
Xantaremos alí, no refuxio de pescadores, e proseguimos para ver unhas mámoas e un petroglifo. Seguindo o camiño baixamos ao Ulla para admirar os rápidos de Mácara e, finalmente, chegaremos ao Castelo de Pambre, final do noso percorrido.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Melide.
« Voltar