| SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Concello de Navia |
| DATA DA ACTIVIDADE: | domingo, 20 de xuño de 2010 |
| PREPARADA POR: | Grupo de Montaña “Peña Furada” |
| PREZO DA ACTIVIDADE: | 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte |
| DATA TOPE PARA APUNTARSE: | venres, 18 de xuño de 2010, antes das 15 horas |
| COMO CHEGAR: | Colleremos a A-6 dirección Madrid ata Baamonde onde enlazamos coa A-8 ata Vilalba. Continuamos pola N-634 ata enlazar de novo coa A-8 ata Navia onde a abandonamos en dirección Polavieja. Collemos a N-634 ata o punto de inicio. |
| TIPO DE SENDA: | Camiños, sendeiros e algo de asfalto |
| DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
| DURACIÓN: | 5 horas |
| DISTANCIA LINEAL: | 16 Km. |
| INTERESE DA RUTA: | Paisaxística, cultural e confraternización con outros grupos |
| RECOMENDACIÓNS: | Levar cámara de fotos, roupa lixeira, calzado cómodo e ganas de falar. |
| BREVE DESCRICIÓN: | A ruta iníciase á altura do km. 515,5 da N-634, no cruzamento coa estrada cara a Puerto de Vega (comarcal NV-2), tomando
esta comarcal e a 400 m. encontraremos un camiño de terra á dereita onde comeza a ruta propiamente dita. Este camiño levaranos a través dunha
paisaxe incomparable, cara á ribeira do río Barayo, seguiremos ata a súa desembocadura, onde se encontra a Praia de Barayo. Dende alí iremos bordeando a costa, admirando os seus acantilados e calas, para arribar ao “pobo exemplar” de Puerto de Vega. Esta vila merece unha visita detida, pois á súa indubidable beleza se lle engade unha gran riqueza cultural e histórica. Abandonamos Puerto de Vega poñendo rumbo ao oeste, pasamos pola praia de La Losera, encontramos a Isla de Soirana, atravesamos o pobo do mesmo nome e no km. 12,3 da ruta chegaremos á praia de Frejulfe, catalogada como Monumento Natural e unha das praias máis concorridas do concello. O seguinte tramo sitúanos na parroquia de Andés, unha morea de pequenas e encantadoras praias serán compañeiras no fermoso percorrido que finalizará na praia de Navia ou “Veiga de Arenas”. |
| OUTROS DATOS: | Non é necesario levar comida xa que haberá avituallamentos e nos agasallarán cunha comida. |