Club de Montaña “O Carroucho”

Biblioteca virtual

Neste apartado incluiremos calquer documentación que pensemos que pode ser de axuda ou interese para todos.

Seguro da Federación

Autor: Sabadell Aseguradora
Data: 02-Mar-2005
Tamaño: 5.179 Kb

Contido da póliza do seguro de accidentes colectivos que ten suscrito a Federación Galega de Montañismo para o ano 2005 con Sabadell Aseguradora. Deste xeito coñecedes todas as coberturas ás que tedes dereito.
(A calidade do documento non é excelente xa que nos enviaron unha fotocopia)

Renovación do Seguro

Autor: Sabadell Aseguradora
Data: 08-Nov-2007
Tamaño: 3.582 Kb

Contido da renovación da póliza e as novas características do seguro de accidentes colectivos que ten suscrito a Federación Galega de Montañismo para o ano 2008.

Renovación do Seguro

Autor: Asefa Seguros
Data: 25-Xan-2010
Tamaño: 2.747 Kb

Contido da renovación da póliza e as características do seguro de accidentes colectivos que ten suscrito a Federación Galega de Montañismo para o ano 2010.
Mantéñense as mesmas condicións que ata o de agora.

Material do Club

Autor: O Carroucho
Data: 22-Dec-2009
Tamaño: 69 Kb

Relación do diverso material que foi adquirindo o club ao longo do tempo destinado á preparación e realización das actividades do club.
Cando non sexa necesario para unha actividade todo o material está a disposición dos socios.

Expedición Aconcagua 2008

Autor: O Carroucho
Data: 07-Feb-2008
Tamaño: 0 Kb

Aquí podedes ler o relato dos acontecementos da expedición ao Aconcagua na que participou un dos nosos socios no 2008, e que a día de hoxe constitúe o record de altura alcanzado por algún membro deste club.

Manual de Iniciación á Montaña

Autor: Ramón Muñoz
Data: 31-Ago-2008
Tamaño: 5.649 Kb

Un completo manual no que o autor ao longo de 95 páxinas trata de todos os aspectos relacionados coa montaña: material, excursionismo, perigos, orientación, etc.
Moi recomendable como manual de introdución para todos os amantes da montaña.

Manual de Iniciación ao Alpinismo

Autor: Jesús del Río
Data: 18-Xul-2003
Tamaño: 2.920 Kb

Manual realizado pola Escola Cántabra de Alta Montaña no que se nos presentan os conceptos básicos do alpinismo e da escalada: os crampóns, os nós, a escalada en neve, a escalada en xeo, os aseguramentos, etc.
Imprescindible a súa lectura antes de lanzarse a facer actividades en neve.

Curso de Cartografía e Orientación

Autor: Javier Urrutia
Data: 28-Dec-2005
Tamaño: 4.430 Kb

Extenso manual (223 páxinas) no que se estudian con detalle aspectos como as proxeccións cartográficas, os conceptos dos mapas topográficos, as curvas de nivel, a orientación por diversos métodos e unha introducción ao GPS.
Pola profundidade coa que trata algúns temas e os detalles técnicos, non é un manual indicado para abordar sen ter uns certos coñecementos previos.

Historia do Montañismo en España

Autor: Ramón Muñoz
Data: 19-Xul-2009
Tamaño: 0 Kb

Nesta páxina podedes descargar (85 Mb) unha amena e entretida narración dos comezos (tan diferentes) e a evolución do montañismo en España. Tamén se comentan as tan típicas lendas que acompañan a moitas montañas, así como os comezos da Federación Española e da Escola Nacional de Alta Montaña.
Para todos aqueles interesados en saber como chegamos onde estamos ou, simplemente, pasar un anaco divertido.