ACONCAGUA 2008
¿Queres coñecer tódolos detalles do que aconteceu na expedición ó Aconcagua na que participou un dos nosos socios, Fernando González León?
Segue aquí o relato da expedición.
NOVIDADES


Xoves, 8 Maio 2008
RUTAS
O noso compañeiro Carlos Nieves achegounos a información referente á ruta da Serra do Suído que percorreremos a finales deste mes.

Martes, 6 Maio 2008
RUTAS
Está dispoñible para consulta e descarga o tríptico da primeira ruta das que faremos en xuño, que discorrerá pola Serra do Candán.

Luns, 28 Abril 2008
RUTAS
Os nosos compañeiros adiantáronnos a información dunha das rutas de xuño, que discorrerá pola Serra do Candán, e advírtennos que será unha ruta dura, así que ide preparados.

Martes, 22 Abril 2008
RUTAS
Actualizada a información sobre as rutas que imos facer na próxima saída longa de La Toba.

Luns, 7 Abril 2008
RUTAS
Está dispoñible para consulta e descarga o tríptico da próxima ruta, que discorrerá por Augasmestas.

Venres, 28 Marzo 2008
RUTAS
Tedes dispoñible a información da primeira ruta longa de este ano que irá por terras de La Toba (Cuenca). Xa está aberto o prazo para formalizar a inscrición. En breve pondremos descrición das rutas que imos realizar.

Xoves, 27 Marzo 2008
RUTAS
Podedes consultar a información referente á próxima ruta de Augasmestas, nesta ocasión preparada polos nosos dous socios máis novos.

Martes, 25 Marzo 2008
RUTAS
Neste intre atópanse cubertas todas as prazas para a ruta de La Toba, polo que queda pechada a preinscrición na mesma. Se algunha persoa segue interesada en ir terase que poñer en contacto con nós para ver se unha vez feita a inscrición queda algunha praza vacante.

Luns, 3 Marzo 2008
RUTAS
Está dispoñible para consulta e descarga o tríptico da próxima ruta, que discorrerá por preto do Río Ulla.

Xoves, 28 Febreiro 2008
RUTAS
O noso compañeiro Alex achegounos a información referente á ruta do Río Ulla que percorreremos o vindeiro mes.

Luns, 25 Febreiro 2008
RUTAS
Estamos a preparar a ruta de La Toba (Cuenca). No lugar que imos reservar cobran todas as prazas reservadas, ocúpense ou non despois, polo tanto só reservaremos aquelas prazas que saibamos que se van cubrir. Por elo é necesario que todos aqueles interesados en ir nos enviedes un correo ó club co voso nome e número de teléfono para facer unha preinscrición. A saída será o día 30 de abril pola noite e o regreso o día 4 pola tarde.