As cotas de socio teñen unha duración anual. Para renovar a tua condición de socio só tes que facer o ingreso correspondente na conta do clube indicando claramente o teu nome e a continuación "CARNET".
Para facerte socio só tes que poñerte en contacto connosco, darnos os teus datos persoais (DNI, nome e apelidos, dirección completa e data de nacemento) e logo facer o ingreso correspondente na nosa conta do xeito indicado arriba.
Podes facerte socio en calquera momento do ano pero dita condición rematará de todas formas o día 31 de decembro do ano en curso.
| Banco | nº conta |
| la Caixa | 2100-2725-22-0200019591 |
Dado que ó facerte socio o prezo inclúe a alta na Federación Galega de Montañismo, e como hai varios tipos de licencias, á hora de darte de alta debes elixir aquela que máis se adapte ás actividades que farás. No noso clube recomendamos darse de alta coa licencia tipo "C" que inclúe alta montaña (a partires de 2000m), actividades en neve, etc. polo tanto consideramos que é a máis adecuada ás actividades que facemos. Podes consultar os detalles do que inclúe e a contía das coberturas de cada licencia nas condicións do seguro que temos contratado.
Os ingresos para facerse socio no ano 2008 poden comezar a facerse a partires do día 1 de xaneiro.
COTAS SOCIOS 2008 |
||
| MODALIDADE "A" | ||
| INFANTIL | 15 € | |
| MODALIDADE "B" | ||
| ADULTO | 60 € | |
| XUVENIL | 50 € | |
| MODALIDADE "C" | (Recomendada) | |
| ADULTO | 80 € | |
| XUVENIL | 70 € | |
| INFANTIL | 25 € | |
| MODALIDADE "D" | ||
| ADULTO | 130 € | |
| MODALIDADE "F" | ||
| MAIS DE 75 | 50 € | |
INFANTIL - ata os 13 anos / XUVENIL - de 14 a 17 anos / ADULTO - a partires de 18 anos
Para outras modalidades consultar prezos.
"ANÍMATE"
![]() |
|