« Voltar

tiempo en Seoane do Courel

Igrexa de Esperante - Baldomir (O Courel)


Ruta Esperante-Baldomir.pdf (1.121 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: O Courel
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 11 de Febreiro de 2012
PREPARADA POR: Luis e Asun
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 9 de Febreiro de 2012, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende o Burgo collemos a autoestrada A-6 dirección Pedrafita do Cebreiro, onde colleremos a estrada LU-634 que nos achegará ata O Cebreiro, onde tomamos a estrada LU-651 a Seoane e alí atoparemos a Igrexa de Esperante.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, sendeiros e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 16 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e ambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, polainas e paraugas por si o tempo non acompaña. Atoparemos zonas con barro e auga.
BREVE DESCRICIÓN: Hoxe propoñemos continuar coa 3ª e 4ª etapa do mítico percorrido de 68 km. a carón do RIO LOR.
Os 16 km. de ruta, é un fermoso camiño que discorre case completamente paralelo ao río Lor, a través dalgún dos soutos máis grandes do Courel e morada de varios edificios tradicionais, como sequeiros, cortíns e ouceiras.
Ademáis, durante a xira podemos visitar varias aldeas das montañas, A Campa, Baldomir, pasando polas inmediacións do gran Castro de Vilar, considerado o máis importante do Courel.
Rematando a nosa andaina en Baldomir, na Fervenza do Rexio.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Pedrafita do Cebreiro
« Voltar