« Voltar

Tiempo en Malpica

Costa de Malpica


Ruta Costa de Malpica.pdf (951 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Carballo e Malpica
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 3 de Marzo de 2012
PREPARADA POR: Andrés e Belén
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 1 de Marzo de 2012, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Colleremos a autoestrada AG-55, sairemos en Laracha e pola estrada AC-1909 chegaremos á praia de Baldaio.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño costeiro
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 20 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, ambiental e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, roupa para o frío e a auga.
BREVE DESCRICIÓN: Sairemos dende a marisma de Baldaio, para continuar pola súa fermosa praia e a súa lagoa, onde se poden ver numerosas aves migratorias. Chegaremos á praia de Razo, onde as súas ondas son un paraíso para os amantes do surf, e quizais con sorte poderemos ver arroaces xogando con eles. Veremos outras praias como As Salseiras, Leira, Arnela, tamén veremos muíños e pequenos portos como o de Razo, para chegar ao final da tarde a Malpica, típica vila mariñeira da Costa da Morte.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Laracha
« Voltar