« Voltar

tiempo Bueu

Bueu - Cabo de Udra


Ruta Bueu-Cabo de Udra.pdf (1.032 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Bueu (Pontevedra)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 21 de Abril de 2012
PREPARADA POR: Isabel e Juan
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 19 de Abril de 2012, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Sairemos pola autoestrada AP-9 ata Pontevedra. Alí colleremos a estrada PO-551 ata Bueu.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño de monte e costeiro
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, ambiental e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levade botas de sendeirismo, roupa para o frío e a auga.
BREVE DESCRICIÓN: Partiremos da igrexa de San Martiño en Bueu e a pouco de comezar atopámonos coas ruínas dos muíños do regato Canudo que se atopan en rehabilitación algúns deles. Este percorrido achéganos á parroquia de San Cosme onde, entre leiras, atoparemos un fermoso camiño que entre unha arboleda levaranos ata o cume do monte Esculca onde atopamos a Cruz de Ermelo con fermosas vistas da Illa de Ons. Deixaremos a pequena aldea de Ermelo para dirixirnos ao monte Paralaia atopando fermosas vistas da ría de Vigo. Sairemos en suave descenso polo medio do bosque, camiño da ermita de San Cosme. Neste punto seguimos descendendo entre leiras ata Bueu donde chegamos de novo ao punto de partida. Alí só nos queda percorrer unha rúa que nos achega á praia e pola beira da costa ata a praia e o porto de Beluso onde comeza a última parte da ruta. Un fermoso camiño entre eucaliptos, pinos e loureiros nos conduce a Cabo Udra. Percorreremos o litoral do cabo con posibilidades de ascender ao castro preto da punta norte da península tendo fermosas vistas da Illa de Ons e Onza.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Bueu
« Voltar