« Voltar

El Tiempo en Laxe

Laxe


Ruta Laxe.pdf (1.021 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Laxe
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 5 de Maio de 2012
PREPARADA POR: Mercedes e Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 3 de Maio de 2012, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: AG-55, Coruña-Carballo; AC-414, dirección Malpica; AC- 429, dirección Laxe.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños, corredoiras e sendeiros
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 27 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, cultural e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, e de acordo co tempo, prendas de abrigo.
BREVE DESCRICIÓN: Nesta ocasión imos coñecer Laxe e os pobos do arredor dende outra perspectiva diferente. Visitaremos os seus monumentos artísticos e paisaxísticos. Dende a Igrexa de Santa María da Atalaia ata a Capela de Santa Rosa, para continuar ata o pobo de Soesto (con igrexa incluída) e facer un pequeno recorrido dende a súa famosa praia ata o pobo de Boaño (sempre pola costa). Cambiaremos de paisaxe e internarémonos polos seus montes deixando Boaño e Soesto aos nosos pés. Baixaremos ata Cruz do Furco e volveremos subir cara a un dos seus miradoiros (Monte da Lagoa) dende onde gozaremos dunha preciosa vista tanto do val de Traba coma da súa famosa praia. De novo baixaremos, esta vez ata o pobo de Coéns (interesante por ser o centro das minas de caolín). Xa dende aquí iremos cara ao punto máis alto de Laxe (312 m, Castelo de Lourido) por toda a crista dos montes de Serantes e Lourido. E por último xa só nos queda volver a Laxe baixando ata o seu bonito paseo marítimo, percorrendo os pobos de Lourido de Arriba e Lourido de Abaixo.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Laxe.
NOTA: Queremos agradecer a Marcos e Julio a súa inestimable axuda na realización desta ruta. Dous amigos (espero que a partir de aquí) que saben contaxiar a súa paixón por Laxe a todo o mundo. Moitas grazas por limar e pulir unha ruta que xa de por si é bonita pola paisaxe, monumentos e agora... polas súas xentes.
« Voltar