« Voltar

Prevision tiempo O Carballiño

Pena Corneira


Ruta Pena Corneira.pdf (1.150 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de O Carballiño e Leiro
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 9 de Xuño de 2012
PREPARADA POR: Edu e Antonio
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 7 de Xuño de 2012, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: No Burgo collemos a AP-9, enlazamos coa AP-53 e saímos na OU-504 que seguiremos ata O Carballiño

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, camiños antigos e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 22 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, cultural, etnográfica
RECOMENDACIÓNS: En Ourense nesas datas pode apretar o sol, convén levar protección contra él e roupa para cambiarse.
BREVE DESCRICIÓN: Desprazarémonos á comarca do Ribeiro na provincia de Ourense para realizar unha ruta na que enlazamos varios sendeiros (PR) trazados polos concellos da comarca.
Comezaremos a ruta preto de O Carballiño, en A Ponterriza, no curso do río Arenteiro, seguimos por Moldes, Paradela e subimos a Cimadevila, descendemos dende Cabanelas e antes de chegar a Pazos de Arenteiro desviarémonos para ver o Pozo dos Fumes.
En Pazos De Arenteiro cruzamos o río Avia e imos en dirección a Lebosende onde seguimos xa en dirección a Pena Corneira pasando por Paredes. Subimos ao mirador de Pena Corneira e finalizamos a ruta na súa área recreativa.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o almorzo en O Carballiño.
« Voltar