« Voltar

Churrascada


DATA: Sábado, 30 de Xuño de 2012
HORA: 13:30 h
INSCRICIÓNS ATA: Sábado, 23 de Xuño de 2012
COMO APUNTARSE: Facer o ingreso na conta do club indicando nome e teléfono.
Nota: A partir das 14:00 horas do día 23, non se admitirá a ninguén máis.
PREZO: Socios: 15€
Non Socios: 45€
OUTRA INFORMACIÓN: A churrascada terá lugar na illa de Ons.
O bus sairá ás 8:00 horas da mañá, pasando polas paradas habituais que tedes debaixo.
LUGAR HORA
Fogar de Santa Margarita 8:00 h
San Pedro de Mezonzo 8:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 8:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 8:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 8:30 h

11.00 horas
Sairemos de Bueu, en barco cara á illa de Ons
Chegada 11.30, poderemos deixar as mochilas ou bolsas gardadas.

12.00 horas:
Visita guiada en Ons, durante 1 hora e 30 minutos.
Os que non queiran andar e prefiran ir á praia, quédalles ao lado.

13.30 horas:
Comida en ACUÑA:
Empanadas variadas, Churrasco con ensalada e patacas, postre, auga, viño, refrescos, café e chupito.
Nenos con menú infantil ata 11 anos: Pasta con tomate e milanesa con patacas + xeado + refresco.

De tarde:
Disco – baile nos salóns do restaurante, e desfrute da praia de Área dos Cans.

19.00 horas:
Saída do barco Ons-Bueu.
Ás 19.30 horas regresaremos en bus ao Burgo.
COMO CHEGAR: Illa de Ons - Parque Nacional das Illas Atlánticas - Pontevedra
« Voltar