« Voltar

tiempo Alfoz

Polas pegadas do mariscal (Alfoz)


¡¡OLLO!! O HORARIO DE SAÍDA ADIÁNTASE. 07:00h DE CORUÑA E 07:30h DO BURGO
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Foz e Alfoz
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 21 de Xullo de 2012
PREPARADA POR: Paso Miúdo (concentración sendeirista)
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: venres, 13 de xullo de 2012, antes das 14 horas
COMO CHEGAR: Saímos do Burgo pola AP-9 ata coller a A-6 en Baamonde. Collemos a A-8 que abandonamos na saída 528 e continuamos pola N-642 dirección Foz ata Vilaxoane, onde unha estrada local nos levará ata a Basílica de San Martiño

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas , camiños e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 4 horas
DISTANCIA LINEAL: 13 Km.
INTERESE DA RUTA: Cultural e paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Non haberá parada para o café. Dentro do recinto do mercado medieval o que o desexe poderase vestir de época.
BREVE DESCRICIÓN: Sairemos da Basílica de San Martiño que está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sede de dous bispados do Reino de Galicia, un trasladado dende Dumio, no distrito de Braga (Portugal), e outro trasladado dende Bretoña, na provincia de Lugo. O edificio actual é románico de finais do século XI e os recios contrafortes son obra do século XVIII. Dende o ano 1931 está catalogada como BIC e no 2007 obtivo a categoría de basílica.
Ao lado da basílica está a fonte da Zapata, segundo a lenda neste lugar o bispo San Gonzalo tirou unha zapatilla e xermolou auga, auga que se considera que ten propiedades milagrosas. Actualmente serve como templo parroquial e tamén alberga o Museo Parroquial de San Martiño de Mondoñedo.
Para continuar por sendeiros e pistas ata A Seara, capitalidade do concello de Alfoz, onde dentro do recinto do mercado medieval a organización terá preparada unha mesa para xantar. Tamén haberá a posibilidade de mercar comida ou bebida se a alguén non lle gusta a comida.
OUTROS DATOS: Non é necesario levar comida xa que nos agasallarán ao remate e hai postos para mercar.
« Voltar