« Voltar

Río da Fraga (Moaña)


Ruta Río da Fraga.pdf (1.057 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Península do Morrazo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 22 de Setembro de 2012
PREPARADA POR: Rakel, Pocholo e Blas
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 15€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 20 de Setembro de 2012, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo autoestrada para ir ata Moaña dende onde sairemos pegados ao pavillón de deportes

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de río, pistas e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e ambiental
RECOMENDACIÓNS: Zapatos de sendeirismo, roupa de abrigo.
BREVE DESCRICIÓN: Sairemos de Moaña dende a praia da Xunqueira por un camiño asfaltado para xa pronto coller un camiño ben definido e pegado ao río da Fraga onde atoparemos moitos muíños restaurados e bosques de ribeira (carballos, ameneiros, salgueiros, castiñeiros e loureiros), dependendo do que chova os días anteriores atoparemos o río con máis ou menos auga e gozaremos das belas fervenzas que se atopan ao final do percorrido do río.
Sairemos a pistas forestais que nos levarán ao gran mirador da Ría de Vigo do Faro de Domaio, que será o punto máis alto da ruta con 628 m., dende aquí dirixirémonos por pistas cara a Lagoa de Castiñeiras pasando polo dolmen de Chan da Arquiña, Chan da Armada e Cotoredondo.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Moaña
« Voltar