« Voltar

Ruta Gastronómica


Ruta gastronómica.pdf (1.194 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Ponteceso – Corme
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 2 de Febreiro de 2013
PREPARADA POR: Javier
PREZO DA ACTIVIDADE: 27€ para os socios e 32€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Saímos do Burgo para coller a N-550 en Alvedro onde enlazamos coa AC-14. Despois collemos a A-6 dirección Arteixo e incorporámonos á AG-55 dirección Carballo. Continuamos pola AC-414 e collemos a AC-422 ata Ponteceso.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Sendeiros, pistas e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 4 horas
DISTANCIA LINEAL: 11,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de abrigo e para a auga
BREVE DESCRICIÓN: A ruta discorre pola costa entre Ponteceso e Corme. Desde o porto de Ponteceso seguimos as augas do río Anllóns polo dique do Couto ata a enseada de Insua. Bordeamos o monte Branco bordeando o mar, pasamos pola praia de Balarés, os acantilados do monte Facha e continuamos pola praia da Ermida ata Corme.
Se nos dá tempo incrementaramos a ruta ata a punta do Roncudo uns 3,5 km máis. Despois iremos a comer ao Restaurante Aldeola.

Menú:
  • Pescada á cazola
  • Tenreira asada con patacas e pementos
  • Postre caseiro
  • Auga, viño e refresco
  • Café
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Ponteceso
« Voltar