SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Touro - A Coruña |
DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 23 de Febreiro de 2013 |
PREPARADA POR: | Luis e Asun |
PREZO DA ACTIVIDADE: | 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 21 de Febreiro de 2013, antes das 15 horas |
COMO CHEGAR: | Desde O Burgo collemos a AP-9 ata a saída de Oza dos Ríos pola C-540, ata Corredoiras á dereita pola AC-234 ata Arzúa, tomamos a AC-905, Portodemouros á dereita ata Touro. |
TIPO DE SENLLA: | Sendeiros preto do río, camiños de terra e corredoiras |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 6 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 20,5 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxística e medioambiental |
RECOMENDACIÓNS: | Levar botas de sendeirismo, e de acordo co tempo, prendas de abrigo |
BREVE DESCRICIÓN: | Preciosa ruta que percorre un dos tramos mellor conservados do río Ulla, considerado como un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e que se acha protexido en parte baixo a figura de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído dentro da Rede Natura 2000. A ruta conta con dous tramos diferenciados: a Ruta dos Tres Ríos, de maior dificultade, que discorre sempre a beiras de tres dos ríos principais da zona: o Ulla, Lañas e Beseño, e que destaca polas súas belas paisaxes fluviais. Ao longo deste itinerario teremos a ocasión de considerar unha gran variedade de elementos entre os que se achan marabillosos bosques autóctonos, diversos muíños tradicionais e elementos naturais destacados como a Fervenza do Inferniño e a Fervenza do Salto das Pombas. A Ruta da Ribeira do Ulla, na que destacan os fantásticos bosques que poboan esta zona, toda unha delicia para a vista e os sentidos. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Arzúa |