« Voltar

Río Lor (O Caurel)


Ruta Río Lor.pdf (1.251 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Froxán - Lugo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 9 de Marzo de 2013
PREPARADA POR: Luis e Asun
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 7 de Marzo de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: O Burgo, AP-6, A-6, saída 488, Sarria Monforte, LU-652 Ponferrada, Pobra de Brollón LU-653, LU-4702 Froxán

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Sendeiros preto do río, camiños de terra e corredoiras
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 15,7 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, e de acordo co tempo, prendas de abrigo
BREVE DESCRICIÓN: Antes de iniciar a ruta é interesante saber que temos percorridos 32 km. acompañando ó Río Lor e iniciamos o quinto tramo do sendeiro de gran percorrido GR-8, denominado "Ruta do Lor" é un itinerario moi belo e espectacular percorreremos lugares do municipio de Folgoso e A Pobra do Brollón, no que destacan as súas fermosas e variadas paisaxes e os elementos etnográficos que poderemos contemplar ó longo de toda a ruta. Por último, visítanse diversas aldeas como Froxán, punto de partida e unha das aldeas máis atractivas do Courel, e unha ruta moi atractiva que discorre en paralelo ó río Lor e na cal poderemos considerar diversidade de bosques, entre os cales se acha o gran Souto de Paramedela, espazo protexido incluído dentro da Rede Natura e declarado Lugar de Interese Comunitario. Ó longo deste itinerario tamén teremos a ocasión de contemplar fascinantes miradoiros como o Miradoiro dás Penas dos Pontós; elementos etnográficos diversos como as Cabanas de Froxán, os restos da impresionante Ferrería de Barxa, e varias alvarizas e sequeiros.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Sarria
« Voltar