« Voltar

Muíños do Folón e Picón


Ruta muíños do Folón e Picón.pdf (1.380 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de O Rosal (Pontevedra)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 1 de Xuño de 2013
PREPARADA POR: Isabel e Juan
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 30 de Maio de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Sairemos pola autoestrada AP-9 ata Tui. Alí colleremos a estrada PO-552 ata San Miguel de Tabagón, onde nos desviaremos á dereita ata O Rosal.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño de monte
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 19 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, ambiental e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levade botas de sendeirismo, roupa para o frío e a auga
BREVE DESCRICIÓN: Sairemos da Ponte das Penas, no lugar de Martín (O Rosal) para axiña ascender pola aba do monte Campo do Couto que aloxa un conxunto de 36 muíños en cascada, rehabilitados fai uns anos. A datación máis antiga aparece no muíño nº 11, que ten gravada a data do 1712, mais xa se mencionan en documentos do século XVII. Na parte alta dispoñeremos dun excelente miradoiro dos muíños, do val do Rosal, da desembocadura do río Miño na Guarda, e do monte de Santa Tegra. Seguiremos ata atoparnos outro grupo de 25 muíños, os de Picón, de características similares. Todos datan dos séculos XVII e XVIII. Ambos conxuntos foron declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 1998. Dende alí comezaremos unha ruta polo monte entre frondosos bosques autóctonos e piñeiros que nos levará á ermida de San Martiño, ao río Cal e á costa atlántica ata chegar ao miradoiro sobre Santa María de Oia, onde probablemente faremos o picnic. Bordearemos a costa, de magníficas vistas, cara ao sur ata o punto no que o camiño nos levará de novo ao val do río Folón para retornar ao punto de partida, na Ponte das Penas.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en O Rosal
« Voltar