« Voltar

Churrascada


DATA: Sábado, 29 de Xuño de 2013
HORA: 14:30 h
INSCRICIÓNS ATA: Mércores, 26 de Xuño de 2013
COMO APUNTARSE: Facer o ingreso na conta do club indicando nome e teléfono.
Nesta actividade non hai límite de prazas podendo facer o ingreso socios e non socios a partir do día 3.
Nota: A partir das 14:00 horas do día 26, non se admitirá a ninguén máis.
PREZO: Socios: 15€
Non Socios: 20€
OUTRA INFORMACIÓN: A churrascada terá lugar no restaurante SAVI, en Perbes.
O bus sairá ás 10:00 horas da mañá, pasando polas paradas habituais que tedes debaixo.
LUGAR HORA
Ventorrillo (en fronte ambulatorio) 9:55 h
Fogar de Santa Margarita 10:00 h
San Pedro de Mezonzo 10:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 10:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 10:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 10:30 h

Sairemos do Burgo, en bus cara á costa de Lorbé.
Chegada 11.00, poderemos deixar as mochilas ou bolsas no bús.

11.10 horas:
Da man de Xaime faremos un percorrido dirección Sada onde nos agardará o bus.

14.30 horas:
Comida en SAVI:
Empanada, Tortilla, Croquetas, Ensalada rusa, Churrasco de tenreira e de porco, chourizo crioulo con ensalada e patacas. De sobremesa torta xeada. Auga, viño, gasosa, cervexas, café e chupito.

De tarde:
Disco – baile nos salóns do restaurante, e desfrute da praia de Perbes.

Ás 19.30 horas regresaremos en bus ao Burgo.
COMO CHEGAR: Restaurante "SAVI". Perbes.
Pola autopista de Ferrol, saímos en Miño. Collemos a estrada AC-154. Despois viramos á esquerda pola AC-4803 e continuamos ata Perbes. Unha vez alí o restaurante está a carón da casa de Fraga.
« Voltar