« Voltar

Xuntanza Sendeirista das Mariñas


SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Orro - Culleredo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 6 de Xullo de 2013
PREPARADA POR: A Pedrosa
PREZO DA ACTIVIDADE: 10€ para os socios e 10€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: luns, 1 de xullo de 2013
COMO CHEGAR: O Burgo, A-6, saída 589 (Uxes-Orro-Culleredo), CP-0510 – Orro

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de terra, corredoiras e montes
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 4 horas
DISTANCIA LINEAL: 15 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, consultade o tempo, prendas de abrigo? De auga? Fará sol????
BREVE DESCRICIÓN:
CARTA INVITACIÓN DE ATL A PEDROSA
Estimados/as amigos/as e compañeiros/as: Pola presente, poñémonos en contacto con vós coa finalidade de informarvos da celebración da Xuntanza de Sendeirismo “As Mariñas” 2013, na súa IV edición. A devandita xuntanza está programada para o vindeiro día 6 de xullo de 2013, esperando a vosa participación.
A Agrupación Deportiva e Tempo Libre “A Pedrosa”, como fundadora deste evento, que se celebra cada dous anos coa intención de que non se perda o encanto da reunión de centos de persoas e clubs de distintas localidades.
A xuntanza, ao longo do seu traxecto, compaxina o sendeirismo coa gastronomía, sen deixar de lado a festa e o baile, ingredientes que pensamos, fomentarán unha boa amizade entre os sendeiristas participantes.
Almorzaremos antes de iniciar a camiñada, teremos unha zona de avituallamento e ao remate a comida (polo pedrosiano á grella e pementos).

Horarios:
LUGAR HORA
Ventorrillo (en fronte ambulatorio) 08:55 h
Fogar de Santa Margarita 09:00 h
San Pedro de Mezonzo 09:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 09:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 09:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 09:30 h

09:40h >> Chegada, almorzo e recollida de credenciais
10:30h >> Inicio ruta de sendeirismo con avituallamento en ruta
15:00h >> Xantar
18:00h >> Saída bus regreso
OUTROS DATOS: Se alguén quere ir polos seus medios, non facer a camiñada e ir á comida terá que pagar os 10€ para inscribirse
« Voltar