« Voltar

Andorra

Última actualización
02/05/2013

INFORMACIÓN DA ZONA

O Principado de Andorra é un pequeno país montañoso sen costa situado nos Pirineos, entre España e Francia. Durante moito tempo pobre e illado, conseguíu unha notable prosperidade desde a II Guerra Mundial a través do turismo e a súa condición de paraíso fiscal.

Andorra é un país bucólico de profundos vales, montañas verdes e escarpadas e ríos cristalinos polos que transcorre a auga sen sobresaltos. Numerosos cursos de auga se unen para formar o río Valira, que viaxa hacia o sur en dirección a España. A auga, usada para xerar enerxía hidroeléctrica, é un dos poucos recursos naturais significativos de Andorra. A súa poboación está composta maioritariamente por inmigrantes españois e franceses, aos que se lles concedeu a residencia baixo un estricto sistema de cupos. A tranquilidade do principado pálpase na ausencia de ferrocarrís e de aeroporto. Andorra é coñecida polas súas montañas e a práctica do ski, pero ninguén sae de Andorra coas mans baleiras pois Andorra foi considerada desde sempre como o paraíso das compras.

A superficie de Andorra é de 468 km2 e a súa poboación de 81.222 habitantes (ano 2006). A súa capital é Andorra la Vella que ten máis de 20.000 habitantes. É un país montañoso, con 65 picos de máis de 2500 m. de altitude. A montaña máis alta é o pico de Coma Pedrosa con 2942 m. Dispón de grandes recursos hídricos: catro ríos (o Valira del Norte, o Valira de Oriente, o Madriu e o Gran Valira) e fontes de agua termal (na parroquia de Escaldes-Engordany). O clima é o propio da montaña pirenaica: suave no verán e moi frío no inverno, con abundantes precipitacións ao longo de todo o ano.

Con 80 lagos e un sinfín de elegantes picos, o principado ofrece unha gran variedade de impresionantes excursións nunha área reducida. Con semellantes montañas, Andorra tamén ofrece algunhas ascensións de escalada de certo nivel. Hai numerosos itinerarios de escalada, duas vías ferratas e dous barrancos onde practicar barranquismo. Os vales están limitados por montañas dunha altitude media de 1996 metros, desde os 840 ata os 2942 (que mide o Pic de Coma Pedrosa).

Esta rexión mostra unha clara transición entre as montañas do Pirineo Oriental, amables e luminosas, e as agrestes cimas de Pallars. O aire do Mediterráneo, que entra a oleadas polo sur, mestúrase armoniosamente co do Atlántico, logo de esculpir as vertentes norte dun modo peculiar. Nos vales altérnanse os canchais co prado, o piñeiro co abedul, a abelaira ca faia; os lagos, entre enigmáticos e acolledores, coa aridez das súas cuncas... todo disposto para regalarnos paisaxes belas e variadas, nas que destaca unha extraordinaria riqueza vexetal. En conxunto os máis de cincuenta cumes que se atopan en territorio andorrano son unha invitación para aquel camiñante que estea máis movido pola contemplación e a aventura que pola fama das súas conquistas.


ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos en Soldeu, no Hotel Himàlaia Soldeu de catro estrelas. Durmiremos en habitacións dobres, con baño en cada habitación.

Haberá unha parada para tomar o almorzo e alí teremos a posibilidade de mercar pan ou bocadillos para o xantar do primeiro día que corre por conta de cada un.

Lembrámosvos que o número de prazas, como sempre, é limitado e estableceuse en 50 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, se fará por estricta orde de recepción do ingreso. O prezo será de 630€ para os socios e 680€ para os non socios, que se aboarán do seguinte xeito:

  1. ingreso en conta de 330€ os socios, e 380€ os non socios, para apuntarse, na primeira semana do mes de xuño.
  2. ingreso en conta de 200€ os socios, e 200€ os non socios, na primeira semana do mes de xullo.
  3. os 100€ restantes, pagaranse no autobús.

O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre e os socios terán preferencia na asignación de prazas se fan o ingreso antes do 6 de xuño.

A saída farémola na noite do venres e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:

LUGAR HORA
O Ventorrillo 22:30 h
Fogar de Santa Margarita 22:35 h
San Pedro de Mezonzo 22:40 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 22:45 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 22:50 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 23:00 h

PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

20/07/2013

1º DIA (SAB)

 

CHEGADA AO HOTEL
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA
Posible Ruta: CORTALS - SANTUARIO DE MERITXELL
CEA

21/07/2013

2º DIA (DOM)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: ALT DEL GRIU (2.867 m)
CHEGADA AO HOTEL
CEA

22/07/2013

3º DIA (LUN)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 08:30
Ruta: CIRCULAR POLO VAL DE RIALP E/OU PIC DE FONTBLANCA (2.901 m)
CHEGADA AO HOTEL
CEA

23/07/2013

4º DIA (MAR)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 08:30
Ruta: PIC DE CARLIT (FRANCIA) (2.921 m)
CHEGADA AO HOTEL
CEA

24/07/2013

5º DIA (MER)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: CIRCULAR SOLDEU - QUEROL - SOLDEU
CHEGADA AO HOTEL
CEA

25/07/2013

6º DIA (XOV)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: TRAVESÍA POLAS 3 PUNTAS DOS CASAMANYES (2.751m) E BAIXADA A ORDINO POLO GR-11
CHEGADA AO HOTEL
CEA

26/07/2013

7º DIA (VEN)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 08:30
Ruta: TORRE DELS SOLDATS (VAL DO MADRIU-PERAFITA)
CHEGADA AO HOTEL
CEA

27/07/2013

8º DIA (SAB)

 

ALMORZO
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 08:30
Ruta: COLL DE LA BOTELLA / PIC D´ENCLAR (2.383 m) / OS DE CIVIS
CHEGADA AO HOTEL
CEA

28/07/2013

9º DIA (DOM)

 

ALMORZO ÁS 07:00
SAÍDA PARA CORUÑA ÁS 07:30
XANTAR EN RUTA
CHEGADA A O BURGO SOBRE AS 22:00

« Voltar