« Voltar

A Cortegada


Ruta A Cortegada.pdf (1.200 Kb)
¡¡OLLO!! O HORARIO DE SAÍDA ADIÁNTASE. 07:00h DE CORUÑA E 07:30h DO BURGO
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Cortegada (Ourense), comarca do Ribeiro
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 19 de Outubro de 2013
PREPARADA POR: Nacho e Araceli
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 17 de Outubro de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Pola AP-9 e AP-53, tomando a saída 87 Vigo/Cortegada.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra e camiños de río. Pouco asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Natureza, historia e patrimonio artístico
RECOMENDACIÓNS: Bastón, pantalón longo ou polainas polas silveiras.
BREVE DESCRICIÓN: A de Cortegada trátase dunha bonita e moi variada ruta circular, algo esixente debido ás súas continuas subas e baixadas (acumulados duns 900 m.).
Teremos tramos de ribeira e miradoiros onde deleitarnos coas vistas do encoro, subiremos chanzos de pedra, percorreremos sendeiros a través do bosque, e tamén veremos algúns templos dignos de ser visitados, e dos cales poderiamos aprender moita historia sobre estas terras. A ruta empeza no Balneario de Cortegada, subindo ata o miradoiro do Couto da Pena, dende onde ver encoro e balneario. Iremos bordeando o encoro ata desviarnos para dirixirnos cara a Ponte Trado. Dende alí iremos cara a San Martiño, e tras algún esforzo entre a espesura das silveiras, chegaremos a Refoxos, onde poderemos parar a xantar.
Tras repoñer forzas e auga, faremos unha transición por pistas de terra na súa maior parte, algo insulsa pero necesaria para chegar a San Bieito. Despois volvemos meternos en bosque de ribeira, atravesando a curiosa aldea abandonada de A Barca, para rematar volvendo ao Balneario bordeando o encoro.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Ribadavia.
Seguramente abran o bar do Balneario para a cervexa do remate.
« Voltar