« Voltar

Liñares de Bidul - Ponte de Vilabol


Ruta Liñares de Bidul.pdf (1.304 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de A Fonsagrada (Lugo)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 16 de Novembro de 2013
PREPARADA POR: Isabel e Juan
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 14 de Novembro de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Sairemos pola autoestrada A-6 ata Lugo. Alí colleremos a estrada C-630 ata o alto da Fonfría, onde nos desviaremos á dereita pola LU-P-1908 ata chegar a Liñares de Bidul.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño de monte
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, ambiental e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levade botas de sendeirismo, roupa para o frío e a auga
BREVE DESCRICIÓN: Sairemos do lugar de Liñares de Bidul, no concello de A Fonsagrada. Máis adiante atopamos as ruínas do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rochas e bosque autóctono. Seguimos o camiño que en suave e prolongado descenso percorre a ladeira do monte ata achegarnos de novo á estrada á altura da ponte de Boadil no límite xeográfico co Principado de Asturias que transcorre no sentido sur polo medio do río Navia que nese punto forma a cola do encoro de Grandas de Salime. Alí colleremos á dereita seguindo a ribeira do río Navia en dirección a Riodeporcos. Atoparémonos co camiño da República, antigo camiño feito a man nos anos 30 e 40 que une A Fonsagrada con San Antolín de Ibias (Asturias) e que discorre preto do encoro de Grandas de Salime. Seguindo o camiño agora ao carón do río Suarna atoparemos a Ferrería de Vilar de Cuiña, que tivo actividades ata finais do século XIX. Despois de deixar este lugar hoxe convertido en área recreativa, continuamos polo camiño da República á beira do río Lamas ata chegar á ponte de Vilabol onde remata a nosa andaina.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en A Fonsagrada
« Voltar