« Voltar

Polas fervenzas de Aranga


Ruta Fervenzas Aranga2.pdf (1.155 Kb)
CANCELADA A RUTA DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Aranga
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 8 de Febreiro de 2014
PREPARADA POR: Javier, Blas e Raquel
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 6 de Febreiro de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9, enlazamos coa A-6 ata a saída de Montesalgueiro, xiramos á esquerda pola AC-151 e desviamonos á dereita para coller a AC-1533 ata Ponte Aranga.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de pescadores, pistas de terra e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6,5 horas
DISTANCIA LINEAL: 16 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Roupa de abrigo e botas
BREVE DESCRICIÓN: Saímos de Ponte Aranga remontando o río Mandeo para adentrarnos polo río Cambas na Fraga Chá con tramos acondicionados con pasarelas de madeira. Abandonaremos o camiño a seguir para desviarnos á primeira seimeira por un camiño difícil e exposto.
Desandamos o camiño para subir polo rego da Palanca ata Couce pero antes gozaremos doutra seimeira. Desde o Serrón Gordo poderemos ver unha ampla paisaxe, incluso A Coruña se as condicións o permiten. Descendemos ata Ponte Aranga, fin da nosa ruta.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Betanzos
« Voltar