« Voltar

Río Sor


Ruta Río Sor.pdf (701 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Mañón e Ourol
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 7 de Xuño de 2014
PREPARADA POR: Javier e Charlie
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 5 de Xuño de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 dirección Ferrol. Saímos en Cabañas e pola AC-564 ata As Pontes. Incorporámonos á AC-101 dirección Ortigueira e cerca de Penamoura desviámonos á dereita, sinalizado Azor-Esteo, ata Ambosores.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de pescadores, senllas, pasarelas de madeira e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 20 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar bañador pola posibilidade de darse un baño á hora do xantar e unha toalla pequena por si temos que vadear o río
BREVE DESCRICIÓN: Saímos dende a igrexa de Ambosores ata a ponte que cruza o río e, pola súa marxe esquerda, seguimos o seu curso por camiños e senllas de pescadores. Varias pontes permítennos cruzar os seus afluentes. Ao pasar Arganzo, onde podemos ver un muíño, temos, durante uns poucos metros, a parte máis complicada do sendeiro. Pasada esta internámonos nunha zona de pasarelas de madeira e camiños ata a área recreativa do Bispo, onde tomaremos un refrixerio.
Continuamos polo río ata a área recreativa de Ponte Segade, onde xantaremos e poderemos darnos un baño ou tomar unha cervexa. De aquí ata o final, onde nos espera a fervenza de Augas Caídas que veremos dende abaixo e, por un sendeiro serpeante, subiremos á parte superior coa súa área recreativa. Só nos quedan 800 metros de asfalto para chegar ao bus.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en As Pontes
« Voltar