« Voltar

Nacemento do Navia (Hospital)


Ruta Nacemento do Navia.pdf (790 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Pedrafita e As Nogais
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 13 de Setembro de 2014
PREPARADA POR: David Jove
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 11 de Setembro de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: A6 ata Pedrafita, collendo a estrada LU-633 ata Hospital.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra e camiños de río. Pouco asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 8 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Natureza e paisaxe por camiños sen marcar nunca percorridos, salvo o treito do Castelo de Doncos.
RECOMENDACIÓNS: Botas de cana alta, bastón, pantalón longo, pequena toalla para secar os pés despois de pasar dous fáciles vadeos do río Navia. O que poida, tamén chanclas con correa para pasar mellor o río.
Calzado e roupa seca para cambiarse ao remate.
BREVE DESCRICIÓN: Saímos de Hospital e seguimos en baixada bordeando Chao de Coto, e As Teixoeiras, para chegar a Busnullán, onde visitaremos unha das fontes do río Navia. Seguimos tomando dirección este para continuar por bos camiños a media aba, que nos levarán polas aldeas de Modreiro e A Mata, Loureiro e Os Foxos, onde faremos un descanso. O lugar de xantar decidirémolo según vaiamos de tempo.
Seguiremos ata Silvela, xa en pronunciado descenso, e con vistas ao río Navia, a N-VI e a autoestrada do Noroeste. Continuaremos descendendo por unha pista de cemento, que nos leva á ponte do río Navia, á altura do Rego Valiña. Aquí principiaremos un pechado treito de fraga a carón do río, por unha canle seca ata a aldea de San Clodio.
Seguiremos por un camiño que nos levará á zona de prados, onde teremos que facer dous fáciles vadeos do río Navia, para sortear as zonas de maleza máis pechadas, pasando por prados algo encharcados e varios camiños convertidos en canles. Deste xeito chegaremos ata o Castelo de San Agustín, o vello Castelo de Doncos, se andamos mal de tempo, verémolo de lonxe ao remate da suba final que chega ata Doncos na N-VI xunto ao bar Casa Román, onde nos recollerá o bus.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Pedrafita do Cebreiro
« Voltar