« Voltar

Mugardos


Ruta Mugardos.pdf (886 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Mugardos e Ares
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 31 de Xaneiro de 2015
PREPARADA POR: Francisco Barreiro
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 29 de Xaneiro de 2015, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Collemos a AP-9 dirección Ferrol que deixaremos para coller a AC-564 hacia Cabanas e enlazar coa N-651 para despois coller a AC-122 que nos levará ata Mugardos

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de terra, sendeiros e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e histórica
RECOMENDACIÓNS: Levar lanterna por se se quere visitar as baterías
BREVE DESCRICIÓN: Comezamos a nosa ruta no Castelo da Palma en Mugardos. Aquí preto encóntranse as ruínas do Castelo de San Martín dende onde, e unindo cunha cadea o castelo de San Felipe en fronte, se evitaba que pasasen os barcos pola ría.
Dende aquí dirixímonos a Montefaro, un balcón privilexiado cara á Ría de Ferrol. Xa dende aquí nos diriximos cara ao mosteiro de Santa Catalina. O noso seguinte punto é a península de Sudova onde se encontran as baterías que visitaremos. Estes canóns desmontáronse durante a Guerra Civil para artillar outras baterías de costa das Rías Baixas e habilitar mercantes como cruceiros.
Dende aquí achegarémonos a Punta Coitelada e seguiremos todo pola costa cara á praia de Chanteiro. Para rematar, continuando de novo pola costa, chegaremos de novo a Punta Segaño e dende aquí de novo ao principio e final xa, da nosa ruta.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Mugardos
« Voltar