« Voltar

Mondariz


Ruta Mondariz.pdf (1.312 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Mondariz (Pontevedra)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 13 de Xuño de 2015
PREPARADA POR: David Jove
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 11 de Xuño de 2015, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata Porriño - Ponteareas - Mondariz

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Case toda senda de río
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 14 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxe e arquitectura
RECOMENDACIÓNS: Auga e bastóns para os pasos de río
BREVE DESCRICIÓN: Primeiro, dirixirémonos ao castelo de Sobroso, onde faremos unha curta visita guiada que custa 1€ por persoa. Sobre as 12, remataremos a visita para dirixirnos ata a aldea de Lourido onde comezará a camiñata.
Nada máis baixar ata o río Tea, teremos que cruzar polos “Pasos de Lourido”, que hai que pasar con coidado. Será o primeiro dos tres similares que tamén pasaremos. A ruta seguirá ata chegar ata a tubaxe dunha pequena central hidroeléctrica. Logo a ruta empatará cunha fermosa levada ou canle de rego tradicional. Así chegaremos á aldea das Pereiras para volver a baixar ao río Tea e voltar a cruzalo polos “Pasos de Casteláns”. A ruta continuará polas aldeas de Pío e Costa, e chegaremos á Ponte da Costa, onde xantaremos.
Pola tarde chegaremos aos “Pasos de Tatín”, cruzarémolos para seguir sempre a carón do río, en suave baixada. Máis tarde pasaremos á altura da ponte romana de Cerdanela. Seguiremos a ruta ata chegar á ponte plana de A Poeira, que nos servirá para cruzar o río outra vez. Á altura das Amolares, cruzamos o río por unha ponte metálica moderna para chegar a Mondariz-Balneario pola ponte do Cruxón.
Para os que queiran, faremos unha rápida e completa visita aos dous mananciais e os lugares máis importantes da vila.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario na área de descanso de San Simón
« Voltar