« Voltar

Ruta e Xantar nos Oscos


Ruta e Xantar nos Oscos.pdf (1.440 Kb)
Atención!! Os horarios de saída adiántanse media hora sobre os habituais, comezando ás 7:25h en Coruña e rematando ás 8:00h en O Burgo.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Villanueva de Oscos (Asturias)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 12 de Decembro de 2015
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 27€ para os socios, 32€ para os non socios federados e 35€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 10 de Decembro de 2015, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6 na saída 497 collemos a N-640 ata A Pontenova deviándonos á dereita por LU-704-AS-21 na rotonda pola AS-26 e despois a AS-11 despois de 4 Km collemos a AS-13 ata Villanueva de Oscos.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Sendeiro circular
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 14 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxe e medio ambiente con xantar de nadal
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de abrigo e botas. Recomendable levar roupa para cambiarse despois da ruta
BREVE DESCRICIÓN: O itinerario iníciase preto do Concello, por un carreiro que sae da vila cara ao cemiterio da localidade, continuamos cara ás casas de O Río e chegamos a Santa Eufemia, onde podemos facer un alto para visitar o Ecomuseo do Pan ou descansar na área recreativa. Neste punto comeza o ascenso cara a O Vale e Pena Grande a través dun bosque autóctono onde gozaremos da sombra de bidueiros, carballos e acivros.
Continuamos cara ás brañas de Lama, Chao de Bureiros e A Folgueirúa gozando das magníficas vistas desde o alto. Descendemos pola ladeira da montaña cruzando os arroios Morán, Ceilán e o río Vilanova. A piques de chegar a este último non podemos deixar de deleitarnos coa contemplación dun magnífico "cortín" que nos dá unha idea da importancia que desde outrora tivo na zona a produción de mel e cera.
En San Mamed recíbenos un encantador lavadoiro que nos convida a facer unha parada para recrearnos cos magníficos exemplos de arquitectura en pedra. Cruzamos a estrada e seguimos avanzando de novo pola ladeira da montaña ata chegar ao pobo de Pacios, cuxa espléndida arquitectura tamén merece a nosa atención, continuamos pola carballeira de Pacios ata saír de novo á estrada, continuamos pola mesma ata Santa Eufemia e de aquí polo camiño do cemiterio ata Villanueva.
O tramo curto, duns 2km., iníciase xunto ao mosteiro de Santa María ascendendo ata Ovellariza e descendendo a través dun bosque autóctono cara ao arroio Riodepil que cruzamos por unha pasarela de madeira, continuamos cara ao barrio de Guieiro e descendemos de novo cara a Villanueva.

Menú:Pote de berza ou
Sopa de cocido
Lacón asado ou
Carrilleira de porco ibérico
OUTROS DATOS: Faremos unha pequeña parada en Meira para tomar café.
No prezo está incluído o xantar nun restaurante de Villanueva de Oscos.
« Voltar