« Voltar

Polas fervenzas de Carballo


Ruta Polas Fervenzas de Carballo.pdf (336 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Carballo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 13 de Febreiro de 2016
PREPARADA POR: Jaime e Javier
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 11 de Febreiro de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende o Burgo collemos a AC-14 dirección Ledoño onde enlazamos coa A-6 dirección Arteixo e na saída da AG-55 collemos hacia Carballo onde nos incorporamos á AC-552 e na rotonda collemos a primeira saída pola DP-1914 e a 1 km. nos desviamos á dereita a Brea.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Sendeiros, corredoiras e algo de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 24 Km.
INTERESE DA RUTA: Medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de recambio e botas.
BREVE DESCRICIÓN: O roteiro das fervenzas comeza en A Brea, lugar ás aforas de Carballo coñecido polo bo facer dos seus panadeiros, e remata xunto á fervenza de Entrecruces, onde o río Outón se precipita ao baleiro dende máis de 40 metros de altitude. Montes e vales fían a paisaxe. Adéntrate polas corredoiras nos máis segredos recunchos da Depresión Meridiana, que separa as terras altas e baixas das parroquias de Rus e de Entrecruces. Antigos carreiros, aínda coñecidos como camiños reais, guiarante ata fermosos tramos de vexetación autóctona e de ribeira.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar en Carballo.
« Voltar