« Voltar

Transcantábrica: Ribadeo-Benquerencia


Ruta Transcantábrica 1.pdf (1.149 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Ribadeo e Barreiros
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 12 de Marzo de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 10 de Marzo de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída 522-B collemos a A-8 dirección Asturias e na saída 508 incorporámonos á N-642 ata Ribadeo

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño costeiro, asfalto e sendas
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de abrigo
BREVE DESCRICIÓN: Con esta empezamos a ruta Transcantábrica que, na súa primeira etapa, lévanos desde Ribadeo, vila limítrofe con Asturias ata Benquerencia no concello de Barreiros.
Partimos de O Cargadoiro nos arredores de Ribadeo pasando polas praias de Os Castros e continuando pola costa e as praias de Xuncos, Esteiro e a de Aguasantas, máis coñecida como As Catedrais, e terminamos en Benquerencia.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar en Ribadeo
« Voltar