« Voltar

Transcantábrica: Burela-San Cibrao


Ruta Transcantábrica 4.pdf (1.103 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Burela, Cervo e San Cibrao
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 18 de Xuño de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 16 de Xuño de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída 522-B collemos a A-8 dirección Asturias e na saída 524 incorporámonos á N-634. Na rotonda collemos a N-642 ata Burela

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, camiños, senda de río e algún tramo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 25 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, medio ambiental e histórica
RECOMENDACIÓNS: Levar calzado e roupa adecuada ás condicións atmosféricas
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos do porto de Burela ascendendo cara ao miradoiro de Monte Castelo. Descenderemos a través de pistas ata enlazar a canle do río Xunco que percorreremos polo “paseo dos namorados” e continuaremos ata case a súa desembocadura en Fontao.
Visitaremos as antigas fábricas de Sargadelos, recentemente restauradas e o pobo de Cervo. Xa na costa, o camiño sinalizado como ruta transcantábrica conduciranos entre a vía do tren e a estrada ata San Cibrao. A ruta lévanos un tramo río arriba polo río Cobo. Visitaremos a súa antiga ponte romana evitando todo o posible a estrada asfaltada.
O tramo final condúcenos por unha pista asfaltada de pouco tráfico que rodea o enorme complexo de Alúmina-Alcoa ata a praia de Lago, onde damos por finalizada a etapa. Gozaremos dunhas merecidas cervexas en San Cibrao, e poderemos pasear pola península e faro que forman o seu peculiar istmo.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Burela
« Voltar