« Voltar

Transcantábrica: O Vicedo-Estaca de Bares


Ruta Transcantábrica 7.pdf (306 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de O Vicedo e Mañón
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 19 de Novembro de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 17 de Novembro de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo coller a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída 522-B coller a A-8 dirección Asturias e na saída 536 incorporarse á AG-64 dirección As Pontes. Na saída 4 tomar a estrada LU-540 ata Viveiro. Continuaremos pola N-642 ata a praia de Xilloi en O Vicedo

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de monte, pistas de asfalto e camiños costeiros.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 21 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: En relación ao pronóstico do tempo, levar roupa de abrigo, impermeable e calzado de montaña
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa saldremos da praia de Xilloi no Vicedo e atravesaremos a praia de Arealonga e o seu piñeiral. Ao chegar ao extremo da praia, atravesamos un piñeiral e cruzamos o Sor por unha ponte peonil. Percorreremos un camiño que vai entre a vía e a costa, e entraremos no Barqueiro a través do porto. Subindo o camiño conducenos aos acantilados da punta da Barra, punta do Castro e punta do Santo. Na punta da Barra atópase o faro que marca os baixos da entrada a ría.
Pasaremos pola praia e porto de Bares, o cabo Estaca de Bares e, se temos tempo, visitaremos parte das numerosas construccións humanas que se atopan na zona: como o faro, o semáforo ou a antiga base americana.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Ortigueira
« Voltar