« Voltar

Transcantábrica: Estaca de Bares-Espasante


Ruta Transcantábrica 8.pdf (1.064 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Mañón e Ortigueira
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 3 de Decembro de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 1 de Decembro de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 en dirección Ferrol e saímos na saída 21F de Cabanas. Tomamos a estrada AC-564 en dirección As Pontes, desviarémonos pola estrada AC-101 en dirección a Ortigueira. Tomamos a CG1.3 que enlaza coa estrada N-642 e seguiremos en dirección Viveiro ata O Barqueiro. Desviarémonos pola AC-100 cara ao cabo de Bares.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, camiños e algún tramo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 22 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: En relación ao pronóstico do tempo, levar roupa de abrigo, impermeable e calzado de montaña
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos do cabo de Estaca de Bares e baixaremos case ata O Barqueiro, pero desviarémonos cara á dereita seguindo cara á costa para alcanzar a praia de Esteiro e os cantís de Loiba.
Veremos, se o tempo acompaña, as mellores panorámicas desta costa, cruzando praias como O Picón, Fabega, a praia de Castro. Veremos o illote chamado Pena Furada e chegaremos a Espasante e a súa enseada, coas dúas praias que a ocupan, onde finalizará a etapa.
Se dá tempo existe un curto paseo circular de 2 km desde o núcleo urbano de Espasante que rodea o castro do mesmo nome finalizando no porto.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en As Pontes
« Voltar