« Voltar

Malpica - Niñóns


Ruta Malpica-Niñóns.pdf (1.250 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Malpica
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 11 de Marzo de 2017
PREPARADA POR: Jaime Paz
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 9 de Marzo de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo coller a AP-9 ata enlazar coa A-6. Enlazamos coa A-55 dirección Carballo collemos a saída de Malpica seguindo pola AC-418 ata enlazar nunha rotonda coa AC-414 que nos leva a Malpica e ao final da estrada está o seu porto.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño costeiro e monte
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 22 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de abrigo, impermeable e calzado de montaña.
BREVE DESCRICIÓN: Saímos do porto de Malpica, imos polo paseo marítimo e vemos a praia de Area Maior collendo dirección a Cabo San Adrián pasando pola praia de Seaia.
Unha vez na ermida do santo colleremos un camiño de pescadores que nos levará fronte ás Illas Sisargas.
Despois chegaremos á praia de Beo, subimos unhas escaleiras e continuamos a ruta cara a Seiruga onde haberá que descalzarse para cruzar o río Esteiro.
A seguinte praia é a de Barizo e unha vez no seu porto comeza a parte dura. Subiremos o monte custeando a zona ata chegar ao faro de Punta Nariga. Unha vez aquí quédanos o tramo final ata chegar á praia de Niñóns.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Malpica
« Voltar