« Voltar

Rural de Galicia, 2ª etapa


Ruta Rural de Galicia 2.pdf (423 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 8 de Xullo de 2017
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 6 de Xullo de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo coller a AP-9 ata Vigo. Saír na saída 132-B de Marín e Ourense en Pontevedra. Coller a circunvalación PO-10 e saír na estrada PO-542 en dirección Ourense. Cando chegamos ao cruce da Ermida xiramos á dereita pola PO-532 en dirección Ponte Caldelas. Cando rodeemos o polígono do Campiño, collemos a EP-0206 en dirección Soutomaior, pero xiramos á dereita no segundo desvío, que pon Baltar e Cristo Rey.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra, camiños e tramos de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 19 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Ruta con pouca sombra nalgúns tramos.
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos do Lugar de Baltar e comezaremos a camiñar cara a Soutomaior. Pasaremos pola pequena capela de Cristo Rey.
Pararemos a xantar na área recreativa da praia fluvial de Comboa.
Pola tarde visitaremos a ponte medieval de Comboa e percorreremos tramos do río Verdugo e do río Oitavén.
Finalizaremos xunto á Ponte de Comboa.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar café e mercar o necesario en Pontevedra.
« Voltar