« Voltar

Fervenzas de Toques e Castro da Graña


Ruta Fervenzas de Toques.pdf (621 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Toques, Vilasantar e Sobrado
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 28 de Outubro de 2017
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 26 de Outubro de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída de Oza-Cesuras seguimos a estrada ata Melide. Na entrada da vila no primeiro semáforo, xiramos á esquerda en dirección Toques. Tras 8 km., pasada a casa do concello, xiramos á esquerda para aparcar nas instalacións da piscina municipal. O bus pode ser que nos recolla en Eirexe, continuando cara a Sobrado pola CP-4604 2 km. máis ata Insua e desviándose á dereita.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra, camiños e tramos de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 22 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e etnográfica
RECOMENDACIÓNS:
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos da vila de Toques cara ao mosteiro de San Antolín, unha xoia románica da que só se conserva a capela. Camiñaremos de volta polo sendeiro marcado como Castro da Graña, entre soutos e regatos para visitar o castro mais importante da zona.
Tomaremos o camiño cara a Vilares e visitaremos a Fervenza de Toques. Voltaremos por camiños e vilas cara a Eirexe onde nos espera o bus. Dende Eirexe, continuamos cara a Sobrado pola CP-4604, 2 km. máis ata Insua e desviándonos á dereita.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar café e mercar o necesario en Melide.
« Voltar