« Voltar

Rural de Galicia, 3ª etapa


Ruta Rural de Galicia 3.pdf (1.386 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Ponte Caldelas e Cotobade
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 18 de Novembro de 2017
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 16 de Novembro de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo coller a AP-9 cara a Pontevedra. Saír na saída 132 B de Marín e Ourense en Pontevedra. Coller a circunvalación PO-10 e saír na estrada PO-542 en dirección Ourense. Cando chegamos ao cruce da Ermida xiramos á dereita pola PO-532 en dirección Ponte Caldelas. Preto do km 27, xiraremos á esquerda en Vilarchán collendo a estrada PO-180. Tras pasar o bar da vila, xiramos á esquerda cara á Igrexa de San Miguel.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra, camiños de monte e tramos sen camiño definido. Algúns metros de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 20 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, etnográfica e histórica
RECOMENDACIÓNS: Botas de camiñar, pantalón resistente, polainas e bastóns.
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos do Lugar de Vilarchán, continuaremos cara a Contixe e Mirón, visitaremos a ponte medieval sobre o río Almofrei e o contorno dos seus muíños. Logo desviarémonos a Ponte Borela. Voltamos ao Camiño Rural antes de Carballedo.
Trataremos de visitar o foxo do lobo de Monte Castelo. Pasaremos polo curro, mercado e igrexa de Cuspedriños, e finalmente cruzaremos o Monte de Arcela, pasando preto do Castro de A Cividá, finalizando a ruta en San Xurxo de Sacos.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar café e mercar o necesario na área de San Simón.
« Voltar