TIPO DE SENLLA: | Camiños, sendas e algo de asfalto. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 5 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 19 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Monumental e Paisaxística |
RECOMENDACIÓNS: | Levar botas axeitadas ó tipo de senda, que pode estar enchoupada. E aconsellable levar bastóns. |
BREVE DESCRICIÓN: | A ruta ten dúas partes ben diferenciadas, en cada unha delas teñen protagonismo dous dos mosteiros mais fermosos desta comarca, O Mosteiro de Monfero e o de Caaveiro. Na primeira parte desta ruta iremos en pos do Mosteiro de Monfero: A súa igrexa e única torre teñen unha fachada de liñas barrocas, cun axedrezado de pizarras incrustadas no granito. Antes de chegar aquí percorreremos unhas sendas con partes cheas de fermosura. A segunda parte o protagonismo é xa do Mosteiro de Caaveiro e do parque natural das Fragas do Eume. Entraremos nel a través da vila das Leguas para chegar á central e xa dende aquí percorreremos parte da Ruta dos Cerqueiros ata o Mosteiro, e subiremos cara A Capela pasando polo rio Sesín. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a mercar todo o necesario e tomar o café en Betanzos. A volta faráse por Pontedeume. |