![]() |
|
O Carroucho xurdiu a partires dun grupo de compañeiros de ruta que xogabamos xuntos á loteria e xuntámonos para facer o Camiño dende O Cebreiro ata Santiago, no ano Santo do Xacobeo-99. Con cada etapa que faciamos comenzaba a vir mais xente e acabamos o camiño preto de cincuenta persoas, Polo que na tempada do ano 2000 pensamos formalizar o grupo e federarnos para poder ter un seguro e acceder a outras actividades da federación. Ó primeiro eramos setenta e dous socios hoxe somos noventa e dous e seguimos a facer rutas das que vos podedes informar na nosa web ou podedes chamar ós teléfonos sinalados. |
|
Por certo o logotipo xurdiu da foto dun compañeiro, tratada dixitalmente, que está nunha cume dos montes do Barbanza contemplando cuns anteollos a paisaxe das rías de Muros e Noia. E o nome do club ven sendo un carreiro ou sendeiro destes que nos acostumamos a percorrer. |