Camiseta oficial do club

Nesta páxina poderás consultar toda a información relativa á nosa camiseta.

Como xa anunciamos, este ano queremos realizar unhas camisetas personalizadas, co fin de poder ofrecer a todo o que o desexe, socios e non socios, a posibilidade de adquirir un material técnico de calidade e a un prezo económico.

Para iso realizaremos unhas camisetas totalmente personalizadas e exclusivas no seu deseño. Impresas cun novo sistema de impresión: a sublimación integral, sen parches, engadidos nin molestas costuras.

Tan só tes que escoller a túa talla, e realizar o teu pedido de reserva, a través do formulario do final da páxina, antes do 15 de Xullo. Podes pedir a cantidade de camisetas que desexes. Máis abaixo atoparás unha táboa de medidas para que poidas saber exactamente que talla necesitas.

Data límite 15 de Xullo

Prezo de cada camiseta 15 €

Características

  • Camiseta sublimación integral. Os tecidos sublimados garanten a máxima durabilidade das pezas e manteñen as características técnicas dos tecidos cos que se fabrican estas pezas. Ademais dun rápido secado das mesmas.
  • Tecidos poliéster de última xeración 4.0 a base de microfibras.
  • 100% poliéster transpirable. Excelente confort.
  • Deseño exclusivo do club.
  • Prezo único: 15 €

Tallas home

Tallas muller

Cómo facer o teu pedido

Le toda a información con atención Mira as medidas das tallas, compara con outras pezas túas e selecciona a mellor para ti Cubre o formulario de solicitude e fai o teu pedido
Xa tes a túa camiseta exclusiva Cando recibamos as camisetas poñémonos en contacto contigo Ingresa o importe do pedido na nosa conta

Formulario de pedido

Cant. Talla Sexo
Prezo total: