« Voltar

Sendeiro de Quintá - Río Donsal


Ruta Río Donsal.pdf (935 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Becerreá - Ancares
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 13 de Abril de 2013
PREPARADA POR: Luis e Asun
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 11 de Abril de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR:

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Sendeiros preto do río, camiños de terra e corredoiras
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 15,8 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, e de acordo co tempo, prendas de abrigo
BREVE DESCRICIÓN: Trátase dunha das rutas máis bonitas existentes no municipio de Becerreá, dentro do espazo natural de Ancares, na que se poden considerar belas paisaxes e, sobre todo, excepcionais bosques autóctonos de grande valor ecolóxico, admirando numerosos elementos etnográficos como muíños, minicentrais eléctricas, ouriceiras, construcións típicas, fervenzas, antigas minas, etc, e visitando un bo número de pobos e aldeas da zona.
É de destacar tamén que máis do 60% da ruta discorre por zonas de sombra e vexetación autóctona de castiñeiros, carballos e outras especies autóctonas.
Partimos da aldea do Couso, situada a uns 800 metros de altitude, dende a cal se pode obter unha visión fantástica de toda esta parte da serra de Ancares, con numerosos pobos e toda unha sucesión de vales e montañas de perfil suave característicos desta rexión.
Dende esta aldea comezamos a camiñar por camiños de pouco uso que comezan a descender cara ao val.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Becerreá
« Voltar