Club de Montaña “O Carroucho”

Información ruta de Xuño

8
Mai 12

Está dispoñible toda a información da ruta que faremos no mes de Xuño que nos levará a percorrer os fermosos pobos e o contorno de Pena Corneira, na provincia de Ourense.

Información ruta de Maio

26
Abr 12

Está dispoñible toda a información da ruta que faremos no mes de Maio. Voltamos de novo á costa da nosa provincia para percorrer os arredores da fermosa vila de Laxe.

Información ruta de Ponga

24
Abr 12

Tedes dispoñible a información completa cos prezos, aloxamento e horarios de saída, da primeira saída longa deste ano que nos levará a Ponga na ponte das Letras Galegas.

Información ruta de Abril

9
Mar 12

Está dispoñible toda a información da ruta que faremos no mes de Abril. Continuando cos nosos percorridos pola costa galega, nesta ocasión trasladámonos ao outro extremo para facer a ruta Bueu - Cabo de Udra.

Información segunda ruta de Marzo

7
Mar 12

Está dispoñible toda a información da segunda ruta do mes de Marzo que tamén nos permitirá percorrer parte da nosa fermosa costa, concretamente na zona de Ortegal.

Tríptico dispoñible

28
Feb 12

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta na que percorreremos a Costa de Malpica.

Información primeira ruta de Marzo

15
Feb 12

Está dispoñible a información da primeira ruta que faremos no mes de Marzo que nos levará a percorrer a fermosa Costa de Malpica.

Tríptico dispoñible

2
Feb 12

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta polo Courel, na zona de O Cebreiro - Esperante.

Información sobre a cea de Carnaval

22
Xan 12

Xa tedes toda a información referente á tradicional cea de Carnaval para empezar a festexar o ano cos compañeiros. Aínda que non é obrigatorio, prégase asistir disfrazado (con algo distinto ao resto do ano).

Información ruta de Febreiro

22
Xan 12

Está dispoñible a información da ruta do mes de febreiro que nos levará ata terras do Courel, concretamente faremos O Cebreiro - Esperante, que é a continuación da ruta do ano pasado.

Tríptico dispoñible

16
Xan 12

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta polo cercano Monte Xalo coa que comezamos as rutas deste ano.

Cotas de socio 2012

02
Xan 12

Xa están publicadas as cotas de socio para o presente ano. A partires deste intre podedes comezar a apuntarvos.
Lembramos que tanto aqueles que queiran facerse socios por primeira vez, así como os que deban comunicar algún cambio nos seus datos persoais, deben cubrir o formulario que hai na páxina de Socios.

Entrega de tarxetas regalo

22
Dec 11

O club está facendo entrega dunhas "Tarxetas regalo 30€" aos socios do 2011. A data tope para recollela é o 1 de xaneiro de 2012, senón entenderase que se renuncia a ela.

Unha vez recollida a tarxeta deberase entregar ao club unha prenda superior para bordala co anagrama do club. A data tope para entregar as prendas é o 15 de xaneiro.

Para a recollida das tarxetas ou calquer aclaración, poñédevos en contacto mediante o correo ou o teléfono do club.

Información ruta de Xaneiro

22
Dec 11

Está dispoñible a información da ruta do mes de xaneiro que, nesta ocasión, será por preto da casa, no coñecido Monte Xalo, para comezar a perder os quilos acumulados no Nadal.

Lista de actividades para o 2012

20
Dec 11

Na asemblea de socios celebrada o pasado día 15 acordouse aprobar o calendario de actividades para o vindeiro ano 2012, que xa podedes consultar.

Accidente grave dun compañeiro

27
Nov 11

Na mañá de onte recibimos a noticia de que o noso compañeiro Koko sufriu un grave accidente a consecuencia do cal o seu estado de saúde é delicado.

No foro do club habilitouse un tema para informar sobre o seu estado e que os que o desexen poidan facerlle chegar as súas mensaxes de ánimo. Tamén podedes enviar unha mensaxe ao correo do club.

Tríptico dispoñible

22
Nov 11

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta por terras de Vega de Valcarce dos nosos socios máis xoves.

Información da Cea de Nadal

10
Nov 11

Podedes consultar todo o referente á tradicional Cea de Nadal, que celebramos todos os anos para pasar un rato todos xuntos nestas datas e dar por rematadas as actividades do presente ano.
Podedes empezar a apuntarvos a partir deste momento.

Información ruta de Novembro

25
Out 11

Podedes consultar a información da que será a derradeira ruta deste ano, preparada polos nosos socios máis xoves, e que nos levará por terras de Vega de Valcarce.

Excursión ao Parque de Doñana

13
Set 11

Xa tedes as primeiras informacións da saída longa que faremos aproveitando a ponte do primeiro de novembro e que nos permitirá visitar o Parque Nacional de Doñana.

O prazo para apuntarse remata o 26 de setembro. Máis adiante darase información máis completa.

Tríptico ruta de Setembro

1
Set 11

Tedes á vosa disposición información actualizada da ruta deste mes, na que percorreremos os arredores do Monte Pindo, así como o tríptico da mesma.

Información ruta de Setembro

1
Ago 11

Está dispoñible a información da primeira ruta que faremos logo do parón do verán, no mes de setembro, e que nos levará pola Costa da Morte, concretamente subindo o Monte Pindo.

Unha ruta das máis tradicionais da nosa terra, fermosa pero esixente, para empezar a poñernos en forma despois das vacacións.

Excursión ás Serras de Cazorla e Segura

24
Xuñ 11

Xa temos lista toda a información da saída longa que faremos aproveitando as pontes do mes de outubro e que nos permitirá visitar o Parque Natural Serras de Cazorla, Segura e Las Villas.

Faremos algunhas das rutas máis representativas, atractivas e espectaculares da zona, aptas para todos, para desfrutar destas fermosas serras. Por suposto, tamén subiremos aos picos máis altos do parque.

Información da Churrascada

17
Xuñ 11

Podedes consultar todo o referente á tradicional Churrascada, que celebramos todos os veráns antes da paréntese de actividades ata setembro para que poidades gozar dunhas merecidas vacacións.
Podedes empezar a apuntarvos a partir deste momento.

Información ruta de Xuño

24
Mai 11

Está dispoñible a información da ruta longa do mes de xuño que nos levará durante a fin de semana polas fermosas costas e praias de Illas Cíes / Cabo do Home.

Os ingresos poden empezar a facerse a partir deste intre.

Actualización ruta de Maio

3
Mai 11

Xa tedes á vosa disposición a información completa coas rutas que faremos na seguinte saída longa e que nos levará a Alto Campóo (Reinosa) na ponte das Letras Galegas.

Información ruta de Maio

18
Abr 11

Tedes dispoñible a información inicial cos prezos, aloxamento e horarios de saída, da seguinte ruta longa que nos levará a Alto Campóo (Reinosa) na ponte das Letras Galegas.

A semana que ven teremos lista toda a información das rutas que faremos e os horarios de cada día. Os ingresos poden empezar a facerse a partir deste intre.

Estreamos os foros do Carroucho

28
Mar 11

Nos últimos tempos estivemos a traballar en varias melloras da web para tratar de darvos un mellor servizo. Grazas a eses cambios, hoxe podemos anunciar a estrea dunha ferramenta que, ademáis de ser a opción máis votada na enquisa feita no seu día, consideramos que vos pode ser de gran axuda para compartir información, aclarar dúbidas, expresar opinións, etc.

Estamos a falar da estrea dos ¡Carroucho foros!, aos que podedes acceder usando o seguinte enderezo: foros.carroucho.org ou pinchando no enlace que atoparedes permamentemente na parte dereita da páxina de inicio.

O acceso é libre para todo o mundo, pertenza ao club ou non, simplemente se queredes publicar contidos teredes que rexistrarvos primeiro. Agardamos que sexan do voso agrado.

Información ruta de Abril

28
Mar 11

Xa tedes toda a información da primeira saída longa do ano que nos levará unha fin de semana a Os Ancares.

Por mor da premura de tempo os socios só terán preferencia durante uns poucos días. ¡Non vos despistedes!

Información sobre a cea de Carnaval

21
Feb 11

Xa tedes toda a información referente á tradicional cea de Carnaval para empezar a festexar o ano cos compañeiros. Aínda que non é obrigatorio, prégase asistir disfrazado (con algo distinto ao resto do ano).

Agardamos veros alí e xa podedes comezar a apuntarvos.

Información ruta de Marzo

8
Feb 11

Está dispoñible a información da ruta do mes de marzo que nos levará ata terras do Courel, comezando nun dos sitios mais emblemáticos do Camiño de Santiago. O percorrido que faremos será O Cebreiro - Esperante.

Tríptico dispoñible

7
Feb 11

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta pola Fervenza de Entrecruces dos nosos compañeiros Rakel e Blas.

Información ruta de Febreiro

24
Xan 11

Está dispoñible a información da ruta do mes de febreiro que nos levará ata terras de Carballo, percorrendo a Fervenza de Entrecruces.

Información ruta de Xaneiro

17
Xan 11

Está dispoñible a información da ruta do mes de xaneiro que nos levará por preto de Guitiriz, concretamente nesta ocasión percorreremos o contorno de San Xoán de Lagostelle e a súa área recreativa.

Problemas no servidor web

2
Xan 11

Nos últimos días estamos a sufrir repetidos problemas por parte do noso proveedor do servizo web, o que provoca que ás veces algunhas páxinas non podan visualizarse correctamente.
Agardamos que estes problemas se arranxen á maior brevidade posible. Pedimos desculpas polos problemas que isto vos poida ocasionar.

Cotas de socio 2011

30
Dec 10

Xa están publicadas as cotas de socio para o vindeiro ano. A partires do 1 de xaneiro podedes comezar a apuntarvos.
Como novidade, este ano aqueles que queiran facerse socios por primeira vez deben cubrir o formulario que hai na páxina de Socios.

Actualizacións da web

23
Dec 10

Publicouse a normativa pola que se rexerán as actuacións do club a partir de agora, así como os novos horarios de recollida nas paradas do bus e a composición da nova Xunta Directiva.
Tamén podedes consultar os contidos das dúas pólizas de seguro que ten contratadas a Federación e a renovación de ditas pólizas para o ano 2011, na Biblioteca.

Lista de actividades para o 2011

17
Dec 10

Na asemblea de socios celebrada o día de onte acordouse aprobar o calendario de actividades para o vindeiro ano 2011, que xa podedes consultar.

Información da Cea de Nadal

29
Nov 10

Podedes consultar todo o referente á tradicional Cea de Nadal, que celebramos todos os anos para pasar un rato todos xuntos nestas datas e dar por rematadas as actividades do presente ano.
Podedes empezar a apuntarvos a partir deste momento.

Tríptico dispoñible

29
Nov 10

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta polas Fragas do Eume dos nosos compañeiros Rakel e Blas.

Información ruta de Decembro

23
Nov 10

Está dispoñible a información da ruta do mes de decembro que nos levará de novo polas terras das Fragas do Eume, e que dará por rematadas as rutas deste ano.

Eleccións á Xunta Directiva do club

5
Nov 10

En decembro deste ano remata o período de vixencia da actual Xunta Directiva, polo tanto toca elixir unha nova. Dende a actual Xunta Directiva animámosvos a que presentedes as vosas candidaturas.

Habilitamos unha páxina onde poderedes consultar toda a información referente ás Eleccións 2010.

Cambio nas paradas do autobús

4
Nov 10

Por mor das obras que se están a realizar na zona da Gaiteira, e mentres duren as mesmas, dita parada cámbiase para a de Avda. Exército esquina Ronda de Outeiro.

Excursión ás montañas de Riaño

23
Set 10

Xa temos lista toda a información da que será a derradeira saída longa que faremos este ano, e que nos permitirá visitar as Montañas de Riaño (León).

Subiremos un dos picos máis altos da zona, o Pico Yordas, e disfrutaremos doutras fermosas rutas pola zona.

Información ruta de Novembro

31
Ago 10

Está dispoñible a información da ruta do mes de novembro que nos levará de novo por terras da fermosa Serra do Courel, concretamente nesta ocasión percorreremos o contorno do Río Pequeno, entre impresionantes soutos e árbores centenarias.

Tríptico dispoñible

31
Ago 10

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta pola Serra do Calamouco dos nosos compañeiros Carlos e Mari.

Excursión aos vales do Parque de Monfragüe e do Jerte

24
Ago 10

Xa temos lista toda a información da saída longa que faremos aproveitando as pontes do mes de outubro e que nos permitirá visitar os Vales de Monfragüe e Jerte.

Faremos algunhas das rutas máis representativas, atractivas e espectaculares da zona, aptas para todos, para desfrutar destes fermosos vales. Tamén aproveitaremos o primeiro día para ver a Serra de Béjar e o último día para facer algo de turismo cultural.

Información ruta de Setembro

24
Ago 10

Está dispoñible a información da ruta do mes de setembro que nos levará por terras de Becerreá, concretamente pola Serra do Calamouco, e que nos permitirá ir poñéndonos en forma e olvidar eses kilos de máis do verán.

Información da Churrascada

10
Xuñ 10

Podedes consultar todo o referente á tradicional Churrascada, que celebramos todos os veráns antes da paréntese de actividades ata setembro para que poidades gozar dunhas merecidas vacacións.
Podedes empezar a apuntarvos a partir deste momento.

Información Travesía Costa Naviega

9
Xuñ 10

Xa tedes dispoñible toda a información referente á última ruta que faremos antes do parón do verán. Nesta ocasión percorreremos a Costa Naviega, unha xuntanza de sendeiristas organizada polo Grupo de Montaña “Peña Furada”.
Prestade atención porque tanto o día como o horario non son os habituais.

Tríptico dispoñible

1
Xuñ 10

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta polo Castelo de Pambre dos nosos compañeiros Angel e Chichola.

Información ruta de Xuño

23
Mai 10

Os nosos compañeiros Angel e Chichola teñen preparada unha tranquila ruta que nesta ocasión percorre os arredores do Castelo de Pambre, no concello de Palas de Rei.

Tríptico dispoñible

12
Abr 10

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta pola vila de Allariz do noso compañeiro Alex.

Picos de Europa

8
Abr 10

Xa temos lista toda a información da saída longa que faremos na ponte de maio e que aproveitaremos para visitar os Picos de Europa.

Faremos algunhas das rutas máis interesantes, atractivas e espectaculares da zona, aptas para todos, para tratar de irnos cunha visión o máis completa posible dunha das partes máis fermosas do norte de España.

Información ruta de Abril

6
Abr 10

O noso compañeiro Alex preparounos unha das fermosas rutas ás que nos ten afeitos, que nesta ocasión percorre os arredores de Allariz.

Nesta ocasión, ademáis, terá un remate especial, xa que nos achegaremos a darnos un baño nunhas termas públicas e gratuítas de Ourense.

Un grupo de persoas fará unha excursión aos Alpes franceses

4
Abr 10

Hai un grupo de persoas, habituais das actividades deste club, que buscando novas experiencias, se fará unha excursión aos Alpes franceses o vindeiro mes de xullo, concretamente dende o día 2 ao 11.

Esta excursión organízase de xeito totalmente particular e non ten ningunha vinculación con este club polo que está aberta á participación de todo o que o desexe, tanto se é socio do club como se non ten ningunha relación co mesmo.

Aqueles que poidan estar interesados en participar nesta experiencia e desexen máis información sobre a mesma, poden poñerse en contacto con Javier ou con Charlie.

Se alguén non sabe como contactar con eles pode chamar ao teléfono do club ou enviar un correo á dirección do club e vos daremos os seus datos de contacto.

Nova data para o Castelo de Moeche

1
Mar 10

Pola necesidade de suspender a ruta de Castelo de Moeche do sábado pasado, establécese como nova data para esta ruta o día 6 de Marzo.

Aquelas persoas que estaban apuntadas para esta ruta deben confirmar a súa asistencia por correo electrónico ou por teléfono para conservar a súa praza na mesma.

Dado que quedaban prazas libres e pode darse algunha baixa, aquelas persoas interesadas, e que non estaban apuntadas, poden facelo aínda.

A ruta deste sábado suspéndese

26
Feb 10

Ante a alarma social creada polos continuos avisos de que se aproxima un temporal cualificado como de “risco máximo”, moi ao noso pesar tomamos a decisión de cancelar a ruta programada para este sábado como medida preventiva.

Tríptico dispoñible

16
Feb 10

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta polo Castelo de Moeche dos nosos compañeiros Asun, Luis e Javier.

Ribeira Sacra

10
Feb 10

Xa temos lista toda a información da primeira saída longa do ano que faremos pola Ribeira Sacra.

Procurade non facer os ingresos na derradeira semana deste mes xa que a conta podería estar bloqueada por mor da ruta de Moeche.

Información ruta de Febreiro

1
Feb 10

Logo das calorías do lacón, os chourizos e demáis manxares do Entroido, poderemos axudar a rebaixar os seus efectos coa fermosa ruta polos arredores do Castelo de Moeche que nos teñen preparada os nosos compañeiros Asun, Luis e Javier.

Renovación do Seguro

25
Xan 10

Chegounos a copia da renovación da póliza do seguro de accidentes que ten suscrito a Federación para o ano 2010. Mantéñense as mesmas condicións que ata o de agora.

Tamén se fixou o prezo da primeira saída longa do ano. En breve teremos toda a información dispoñible.

Información sobre a cea de Carnaval

20
Xan 10

Xa tedes toda a información referente á tradicional cea de Carnaval para empezar a festexar o ano cos compañeiros. Aínda que non é obrigatorio, prégase asistir disfrazado (con algo distinto ao resto do ano).

Agardamos veros alí e xa podedes comezar a apuntarvos.

Novidades nos contidos da web

18
Xan 10

Seguimos a traballar en mellorar a web e froito dese traballo incorporamos pequenas modificacións nalgúns aspectos e algún contido novo (algunha grazas ás vosas suxestións que agardamos seguir recibindo), como a composición da Xunta Directiva (“Sobre nós”).

Como novidade máis salientable agora temos a posibilidade de facer enquisas (veralas na columna dereita desta mesma páxina) e, como non, a primeira enquisa é para coñecer a vosa opinión sobre esta web. A través dun novo menú (Varios->Enquisas) poderedes seguir os resultados das mesmas.

Tríptico dispoñible

18
Xan 10

Está dispoñible o tríptico da próxima ruta polas Fragas de Ribeira e Lostegal dos nosos compañeiros Edu, Rakel, Blas e Antonio.

Comeza a operación bikini

7
Xan 10

Hai que empezar a perder esas calorías de máis que fomos acumulando nestas festas. E qué mellor forma de facelo que cunha fermosa ruta polas Fragas de Ribeira e Lostegal que nos prepararon os nosos compañeiros Edu, Rakel, Blas e Antonio.

¡ Estreamos páxina web !

6
Xan 10

Chegaron os Reis Magos (ou Majos) e este ano como parece que nos portamos ben e xa nos estamos a facer case adultos (10 aniños) decidiron deixarnos un regalo diferente.

Así que despois de moitas horas de traballo, as mellores intencións e moito cariño, aquí tedes o froito dese cóctel. De momento só deu tempo a trasladar os contidos que xa tiñamos (aínda que un pouco retocados) e a información do ano 2010.

A medida que vaiamos tendo tempo iremos traspasando ao novo formato toda a información histórica que podiades consultar anteriormente.

Agora que puxemos as bases desta nova web seranos máis sinxelo engadir novas funcionalidades á mesma, na medida en que as nosas posibilidades nolo permitan. Para iso agardamos as vosas suxestións sobre que cousas vos gustaría ter dispoñibles ou considerades que poden ser máis útiles.

Agardamos que sexa do voso agrado.

Maio
2012
19

Próximo evento

Maio / 17

Ponga
Estamos nelo!

Contacto

618 61 77 99

Foros

Pincha na imaxe superior para entrar nos nosos foros.

Enquisa

Neste intre non podes participar en ningunha enquisa activa.

Aconcagua 2008

¿Queres coñecer todos os detalles do que aconteceu na expedición ao Aconcagua na que participou un dos nosos socios, Fernando González León?

Podes consultar o relato da expedición.

Traballamos en

Estes son os temas nos que estamos a traballar:

  1. publicar a información de tódalas actividades de anos pasados
  2. paxinar as noticias da páxina de inicio
  3. ter unha galería de fotos fácil de manter
  4. distribución de noticias por RSS
  5. ter un novo calendario de actividades
  6. ...
Valid XHTML 1.1 Valid CSS