« Voltar

Sendeiro do Río Gallol - Fonsagrada


Sendeiro rio Gallol.pdf (877 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: A Fonsagrada
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 20 de Abril de 2024
PREPARADA POR: Fran e Antonio
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 18 de Abril de 2024, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: AP-9 en O Burgo para seguidamente pasar a A-6 dirección Lugo ata a saída 493 e tomar LU-530 e antes de A Fonsagrada a LU-740 ata Vilardíaz.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Circular, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 16 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga e os bastóns serían aconsellables.
BREVE DESCRICIÓN: A ruta do Gallol PRG-140, comenza na escola de Vilardíaz, subindo pola estrada LU-740 ata A Fonsagrada, discorrendo ente subidas e baixadas, onde os Ríos Rodil, Parada, Veiga de Logares e Pontigón, ofrecennos vistas paradisíacas e os bosques autóctonos, a maxia que nos acompañará mentras descobrimos muiños, hórreos e un sinfín de maravillas paisaxísticas e patrimoniais. Hay que destacar a complexidade dalgúns tramos, entre eles a subida ó Castro. Estamos en montaña e os desniveis a veces poden ser aereos. Haberá que ter moito coidado nas baixadas, sobre todo polas pedras que molladas poden ser resbaladizas. Asi mesmo hay dous tramos con árbores caídos onde non creo que sexa para nós problema o poder rodealos a través do terraplén, un sobre todo, e nalgúns tramos do sendeiro tamén tendremos que ter coidado en non saír del. Polo demáis en unha ruta moi bonita e aconsellable, eso si bastante esixente en subidas e baixadas.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en A Fonsagrada.
« Voltar