« Voltar

Ruta nocturna


Ruta nocturna.pdf (1.643 Kb)
¡¡OLLO!! O HORARIO DE SAÍDA É TOTALMENTE DISTINTO. 21:00h DE CORUÑA E 21:30h DO BURGO
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Vilalba - Lugo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 7 de Setembro de 2013
PREPARADA POR: Charlie
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 5 de Setembro de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 dirección Lugo e incorporámonos á A-6 ata a saída 522 onde collemos a A-8 dirección Oviedo. Tomamos a saída 575 pola C.P.-6513 ata Vilalba.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de terra, paseo fluvial e un chisco de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 14 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, aprender a desenvolverse na escuridade
RECOMENDACIÓNS: Imprescindible frontal ou lanterna, algo de abrigo por se refresca, roupa e calzado cómodo
BREVE DESCRICIÓN: Volvemos do verán cunha ruta distinta. Trataremos de divertirnos facendo algo totalmente diferente ao habitual, camiñar baixo as estrelas, ao tempo que aproveitaremos para aprender a desenvolvernos nunhas condicións que non son as habituais pero que poderiamos encontrarnos se unha saída á montaña remata durando máis do previsto.
Dadas as especiais condicións, e que o verán deixa secuelas, para esta ocasión eliximos unha ruta moi sinxela, sen apenas desnivel, apta para todo o mundo, con camiños anchos e cómodos, un precioso paseo fluvial e zonas boscosas.
Acolleranos a fermosa vila lucense de Vilalba, na que realizaremos unha ruta circular por todo o seu contorno, percorrendo os arredores desta, pero sen entrar nunca nela. Por iso, se alguén necesitase abandonar a ruta, nunca estaremos a máis de 1 km dun punto apropiado para iso.
Aproveitando que neses días se celebran na vila as súas festas patronais de San Ramón e Santa María, antes da ruta teremos a oportunidade de gozar do ambiente festivo paseando polas súas rúas, e mesmo cear ou tapear, para coller forzas. Os máis animosos mesmo poderán botar algún baile. Unha vez rematada a aventura nocturna poderemos repoñer forzas almorzando antes de emprender a viaxe de volta.
OUTROS DATOS: Pararemos a cear e mercar o necesario en Vilalba
« Voltar