« Voltar

Cobres - Lagoa de Castiñeiras


Ruta Cobres-Lagoa Castiñeiras.pdf (1.093 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Vilaboa (Pontevedra)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 21 de Setembro de 2013
PREPARADA POR: David Jove
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 19 de Setembro de 2013, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Pola AP-9 saíndo en Arcade.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra e camiños de río
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 8 horas
DISTANCIA LINEAL: 22,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxe, historia e etnografía
RECOMENDACIÓNS: Bastón para as dúas zonas de río
BREVE DESCRICIÓN: A ruta principiará e rematará en Santa Cristina de Cobres. Comenzaremos a andaina no peirao de Santa Cristina ata Barciela en que xa tomaremos un camiño de terra paralelo á costa que pasa por Punta do Cabalo e Punta Larache.
Seguiremos pola costa ata chegar ás Salinas de Ulló antes de facer a suba que nos leva ata a lagoa. Meterémonos no sendeiro coñecido como Chan de Vilar e Muíños de Vilaboa, e chegamos as aldeas de Río e Cimadevila. Aquí empezaremos un fermoso e estreito camiño de río e bosque, que non abandonaremos ata o lago. Sempre nunha mantida subida, iremos pasando varias zonas de muíños nunha paraxe de extraordinaria beleza.
Seguiremos camiño polo bosque ata o Dolmen do Rei. Unha vez visitado seguimos en descenso por unha cómoda pista de terra que nos permitirá gozar de boas vistas da ría de Vigo. Esta ruta contén nada menos que 34 muiños dos que veremos 33. A ruta nada máis chegar ao río vai por un camiño fácil que en suave pendente chega a Santa Cristina de Cobres onde remataremos a ruta.
OUTROS DATOS: O xantar será na área recreativa da Lagoa Castiñeiras, ten cafetería e varios chiringuitos temporais.
« Voltar