« Voltar

Fene - Redes


Ruta Fene-Redes.pdf (282 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Fene e Ares
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 18 de Xaneiro de 2014
PREPARADA POR: Andrés e Belén
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 16 de Xaneiro de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Autopista de Ferrol, saída en Fene.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de monte, algún anaco de pista, de asfalto e camiño costeiro.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, ambiental e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa para o frío e a auga. Recomendable roupa de recambio por si chove ou hai que atravesar algún regato con moita auga.
BREVE DESCRICIÓN: Desde Perlío, en Fene, iniciaremos a nosa ruta, onde está o supermercado Eroski. Sairemos polo colexio e as pistas deportivas, deixaremos as últimas casas desta localidade para internarnos nos bosques que nos achegan en dirección sur seguindo, non moi de lonxe, a estrada que vai en dirección a Coruña, cara ao polígono de Vilar do Colo.
Coincidiremos nun anaco moi pequeno coa autopista de Coruña a Ferrol, onde á súa vez, coincidiremos cun pequeno anaco do Camiño de Santiago, a variante do Camiño Inglés. Deixarémolo debaixo da autopista AP-9, polo viaduto de Romaríz e nós desviarémonos antes que este cara a un regato de augas alaranxadas, que vai por baixo da autopista, seguirémola non sen antes cruzar o regato.
Desde aquí desviarémonos á dereita cara ao pobo de O Catalán, onde pasaremos por baixo da vía rápida, para bordear o polígono de Vilar do Colo e atravesar o río Sar, pasaremos pola aldea de Cornide e continuaremos polos bosques da parroquia de Limodre, regresando de novo preto do polígono, para deixalo por fin en dirección a Redes.
Pasaremos antes por Prismos, xa na parroquia de Maniños, baixaremos cara a O Val, pasaremos por O Pudrical paralelos ao regato de Laraxe, pasando por O Batán, onde coincidiremos de novo co Camiño de Santiago e atravesaremos o regato para encamiñarnos á praia da Madalena e continuar pegado ao mar por un bosque de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos, ata chegar ao pobo de Redes.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Fene
« Voltar